A Casa-Museo Rosalía de Castro recibe o Arquivo Baltar

A Casa-Museo Rosalía de Castro, situada en Padrón (A Coruña), recibiu este sábado o arquivo Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Bear Santaló, un fondo documental de grande interese cultural e social para Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2016 | Actualizada ás 19:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Casa-Museo Rosalía de Castro, situada en Padrón (A Coruña), recibiu este sábado o arquivo Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Bear Santaló, un fondo documental de grande interese cultural e social para Galicia.

No acto de recepción oficial celebrado na tarde deste sábado estivo presente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen destacou a xenerosidade dos fillos de Ramón Baltar Feijóo ao depositar estes fondos na Fundación que leva o nome da escritora, o que abre a posibilidade de continuar estudándoos, difundíndoos e dixitalizándoos para garantía da súa conservación.

Así mesmo, Román Rodríguez referiuse tamén a este depósito como un recoñecemento ao labor da Fundación Rosalía e á confianza da sociedade no seu rigor. "Estou convencido de que este é o seu destino e o que permitirá salvagardar esta valiosa documentación en boas condicións, así como promover a difusión axeitada destes fondos", afirmou.

No acto, ademais do conselleiro, participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; o investigador e membro numerario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos; así como o alcalde de Padrón, Antonio F. Angueira; entre outras autoridades.

ARQUIVO

En concreto, o Arquivo Baltar está composto por 445 pezas procedentes desta familia, datada dende o tempo en que Rosalía se instala con ela na casa da Matanza ata os anos 20 do século pasado. Entre os documentos relacionados destaca a abundante correspondencia inédita incluída no arquivo, centrada especialmente en Ramón Tojo e dirixida ao por Manuel Murguía e a súa filla Alexandra. Tamén por Daniel Castelao, Rafael Dieste, Pérez Lugín, Pardo Bazán ou Alfredo Brañas, entre outros.

De entre todo o valor histórico do fondo tamén sobresae, ademais, varios autógrafos de Rosalía, o diario de Anxo Baltar, amigo e protector da familia Murguía-Castro, onde se apuntan relevantes datos biográficos de Rosalía, a folla de servizos de Manuel Murguía, ou versos autógrafos de Ramón Rey Baltar.

A volta deste arquivo a Galicia é posible grazas á sinatura dun acordo entre o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e os tres irmáns Baltar García-Peñuela, rubricado o pasado mes de maio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta