No PSdeG tamén hai boinas e birretes

O líder do PSdeG non acaba de pechar a estrutura e o organigrama do novo PSdeG. A pesar de ser un home de partido e controlar perfectamente as engranaxes do mesmo non dá coa fórmula axeitada para que non haxa ciumes entre a familia socialista galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 09:28

Comparte esta noticia

None

Sen embargo, e a pesar da contestación interna, o novo "vazquismo" conta con apoios importantes, principalmente, nas comarcas do interior. Algúns dos seus principais valedores critican que haxa xente no partido que queira facer valer o seu "pedigrí" fronte as comarcas do interior. "Aquí non hai socialistas de primeira nin de segunda, todos somos do PSdeG, a pesar de que algúns pensen que por estar nunha cidade e ter un grupo de incondicionais xa lle poden impoñer o que queiran á dirección", apunta unha deputada.

Para coñecer a procedencia duns e doutros hai quen, ironicamente, bota man da lingua e fai paralelismos que non son de todo axustados ao sinalar que os principais vazquistas son galegofalantes, fronte aos grandes dirixentes urbanos que falan castelán. Con todo, o certo é que a polarización do novo socialismo entre os rurais e os urbanitas existe, aínda que só se manifeste en determinados puntos, principalmente, en Vigo e A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

23 Ribeiriña

Mira que sodes latricas! ¿Non tedes as sedes do Partido para todos estes lercheos?

22 lola

mar barcón é impresentable, certo, pero todo o da costa da morte -un puto escándalo- filtrado polo alcalde de Vimianzo

21 Erasmo

Mar Barcon intriga máis que unha ladilla...jajaja
O mellor que lín nos ultimos meses... jajaja

Que a Abel o matou Caín non temos dúbida ¿non?

Pois quen é nesta historia o Caínita ?

Un tal Pachi que seica foi quen de chantexear ao mesmo Touriño para que lle deran unha Consellería ?

Pero haberá que agardar a que veña Pepiño a dicirlles o que teñen ou non teñen que facer en Galicia... faltaría máis.

¿Viseras e Gorrillas...?

20 anónimo

jejejejeje, vai facendo contas, vai, que en Vigo con esa xoia preparadísima que presentades, tedes para rato.

19 anonimus

O dito,se esta xente pretendian gobernar catro anos maís na Galicia ibamos de cú,ata que non se rexeneren e limpen un pouco as cloacas o psdg seguira coa crise interna e coas coiteladas e coas derrotas,que ben o imos pasar dentro de dos anos,¿cantas cidades seguiran en mans do psdg? tic tac