A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

76 In Memorian

El 20 de julio de 1936 Alexandre Bóveda es detenido tras el el triunfo de la sublevación en Pontevedra y encarcelado. En agosto es juzgado, junto con el diputado socialista Amando Guiance, por un delito de "traición" y condenado a muerte el 13 de agosto.[1] La sentencia fue ejecutada el 17 de agosto en el monte de A Caeira, en Poio, junto a Pontevedra.

En dicho juicio, manifestó su deseo de ser enterrado bajo la bandera gallega con estas palabras:

Mi patria natural es Galiza. La amo fervorosamente, jamás la traicionaría, aunque me concediesen siglos de vida. La adoro más allá de mi propia muerte. Si entiende el tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada la pena de muerte, la recibiré como un sacrifico más por ella. Hice cuanto pude por Galicia y haría más si pudiera. Si no puedo hasta me gustaría morir por mi patria. Bajo su bandera deseo ser enterrado, si el tribunal, juzga que debo serlo.

75 anónimo

Pero homiño, que hoxe non fai falla, que os da FAES xa che dixeron que os sábados e domingos collas libre, ademáis se ti preparache as oposicións para mozo de cuadras, que fas falando do século XIV se non tes nin puta idea si vai antes do XV ou si os Trastámara xogaban na Real Sociedade. Anda, que Baltar hoxe deixa librar, que sodes 33 para unha porta.

74 anonimus

Coitados,algúns seguen anclados no século XIV e seguen pensando coma a xente que vivia neses tempos...así lles vaí na maís absoluta soidade,ben por eles! mentres continuen alí,na antiguedade,non molestaran aos demáis.

73 Pardo de Cela

Oscuriño:
Para trapallada electoral a que fixo a dereita extrema en Ourense e que impediu que Bóveda fose deputado, e, polo tanto, podería seguir vivo, en favor do protofascista Calvo Sotelo.
Comparar a un demócrata cun asesino, Millán Astray, non merece nin as 15 palabras deste parágrafo.

72 Clariño

Bóveda fixo moito, certo. Como tamén participou no falseamento da vontade do pobo galego, no pucherazo do estatuto, e iso, póñase vostede como se poña, descalificao como demócrata e ponno nun plano de igualdade cos sublevados, entre outros Millán Astray.

Supoñamos, un supoñer... que Bóveda non participase dos amaños realizados no plebiscito ¿coñece vostede algunha declaración del repudiando a xornada electoral ou retirándose da política en vista do ocorrido? Non, ¿verdade? Entón ¿a que maniobra de despiste xogamos?

Unha vez mais, deixe de usar a falacia retórica do home de palla, que eu non dixen o que me atribúe que digo. Tan so digo que non me convencen as vidas de santos que se fan, nin a historia oficial e subvencionada, por exemplo sobre Alexandre Bóveda, que o seu carácter democrático non se compadece cos feitos, que se os dereitas usaron ao exército para sublevarse, antes os Castelao, Bóveda ou Suárez Picallo falsearan a votande popular. É evidente que non eran demócratas, góstelle a vostede ou non, os feitos son os que son, e non os que vostede querería.