A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

71 Pardo de Cela

Bóveda, con 27 anos proxecta o que sería a Caixa de Pontevedra e con 30 anos, en colaboración con Rajoy Leloup, redacta o apartado de fiscalidade do proxecto de estatuto de autonomía.
Unha vida exemplar que, quén sabe en nome de qué ideoloxía, están intentando luxar reiteradamente neste blog.
Ademáis de víctima, cun xuizo ilegal que aínda non foi anulado, algúns pretenden convencernos de que era un ¿prototerrorista? como Pío Moa (si terrorista).
Adeus,

70 Clariño

Sr. "a Moi Clariño", estou perplexo. Ou vostede non entendeu o que dixen, o cal se arranxa volvendo a ler, ou se deixa levar polo apasionamento e o afecto que lle ten a Otero Pedrayo, ou está a usar (de novo neste fío...) a falacia retórica do home de palla poñendo nos meus beizos o que non dixen; ou ao mellor quere desviar a atención sobre as vidas de santos que se fan e modestamente tento desmontar sobre Castelao, os irmáns da Lexía, Suárez Picallo, os pucherazos, e os perdedores da guerra civil en xeral, dándose un tormento polas miñas verbas que está creo que fora de lugar. Eu non estou na posesión da verdade, pódome equivocar sobre Otero Pedrayo como sobre calquera outro aspecto, e de feito me equivoco mais do que eu quixera, como calquera que traballa por outra parte. Tan so uso fontes, contrasto, e pídolle, unha vez mais, que faga o mesmo antes de discutir sobre algo que descoñece. Repito: lea as memorias de Casás, e lea a prensa (xa sabemos como escreben os periodistas, pero digo a prensa, non este ou aquel xornal) ¿ningunha das dúas lle vale? Supoño que se lle traigo un cilindro de cera da época coa voz de Otero Pedrayo dando mueras a España cos demais que participaron naquel acto, sería vostede capaz de dicir que a voz é en realidade de José Luis Moreno que o imitaba moi ben.

No tocantes aos aspectos visionarios de que me ten filado ou á habitual demonización da Coruña e os coruñeses, teño que dicirlle tamén que os complexos e obsesións son propios de cada quen e non todos temos os mesmos. Teña unha boa tarde que está bo día de praia.

69 a Moi Clariño

Agora si que xa o teño calado, moi clariño. Xa sei de que vai. Tiñas as miñas dúbidas, pero xa sei de que vai vostede.
En referencia ás fontes historiográficas, teña coidado co que cita. A prensa, e non hai que ser moi listo, é unha ferramenta que SEMPRE usou o poder político de turno e, polo tanto, a prensa NON TEN QUE DICIR A VERDADE. E a verdade e que vostede difamou a Otero Pedrayo e non se retracta nin un milímetro. Moi ben, alá vostede, pode dicir o que queira (que é o que fai, por certo, outro coruñés coma vostede, Fernández Latorre, outra xoia herculina).

68 anónimo

Vaia tocho pra defender unha estatua dun militar fascista

67 Clariño

Aclaro que o fiscal foi represaliado POLO FRANQUISMO, non pola República. Disculpen o erro.