A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

66 Clariño

Sr. Bule Bule, deixe de empregar a táctica das falacias retóricas, que non cola. Agora usa a do home de palla, que como saberá consiste en poñer nos meus beizos algo que eu non dixen. Iso tan so revela a súa falta de argumentos e que de xeito inconsciente, dame a razón, aínda que non o pretende.

Polo que se refire ao último párrafo eu pódolle devolver a pelota ao seu tellado. O Concello da Coruña acaba de mudar os nomes de non sei cantas rúas ¿sábese que houbera manifestacións espontáneas de xúbilo por verse libres desa suposta opresión e ignominia? ¿Ou mais ben a xente acepta resignada as molestias e gastos que todo iso lles vai ocasionar? Porque para dar doctrina e facer historia ficción sí hai subvencións, pero non as hai para que a xente común faga fronte aos caprichiños dos políticos ¿Por qué será...?

Xa que fala de manifestacións, aínda están a tempo... Sendo alcalde Paco Vázquez, adicoulle unha rúa a un fiscal represaliado pola República que até entón recibía o nome de travesía da Torre. Estando Paco coa banda de música e a familia do homenaxeado, saiulle unha manifestación de veciños que protestaron polo cambio de nome e lles dixeron que non tiñan nada en contra dese señor, que de seguro tiña méritos dabondo, pero que a súa rúa chamárase de toda a vida travesía da Torre, e non estaban dispostos a permitir que lle mudaran o nome, que ¿quen paga os gastos e molestias? E Paco botouse para atrás, e a rúa coas súas flamantes placas non se chegou a inaugurar. Días depois, colleron as placas e trasladáronnas a unha rúa sin nome até entón e rendíronse os honores que quixeron ao fiscal Gómez Naveira.

Sr. "a Clariño", non so lle falo desas memorias, fálolle da prensa da época, que custa moitas horas rastrexar. Agora non tantas que hai hemerotecas dixitais. Tómese a molestia de ler esas memorias, o capítulo XII en especial, tómese a molestia de rastrexar a prensa deses días, e logo discuta o que digo, que podo non estar no certo, por suposto, pero non me parece de recibo que descalifique algo que descoñece.

65 Clariño

Para que algún que outro entenda o meu punto de vista, permítanme unha anecdota.

Dicía mais arriba que non trago cunha república na que os vecedores da guerra eran demos, e os perdedores uns santos. Cabréame, críspame, porque me parece ofensivo, un insulto á intelixencia. Nin gañadores nin perdedores eran en realidade demócratas: os gañadores empregaron as armas que tiñan, o exército; pero os perdedores empregaban tamén a violencia, os incendios de igrexas, as coaccións... ou os famosos pucherazos nas convocatorias electorais ¿De que lexitimidade democrática se fala? Para democracia a nosa, a xurdida tas a Constitución de 1978. A da República...

Sen saír desta provicia da Coruña, nas eleccións de febreiro de 1936 estaba de gobernador civil accidental unha persoa que prefiro non citar porque na miña casa sempre se lle tivo afecto, como benditísima persoa que era no plano persoal. Pero se non me deixo levar polo afecto, non podo por menos que recoñecer que a súa actuación política era mellorable. Sendo gobernador civil durante as eleccións de febreiro de 1936, como digo, destituiu ao xefe de Cartería da Coruña, que era un oficial de Correos, e sustituino por un simple carteiro, pero de esquerdas, que deu o cambiazo nalgunhas das actas electorais que viñan de toda a provincia para a realización do escrutinio. Outras xa foran falsificadas en orixe facéndose os da Fronte Popular cos pliegos de 143 circunscripcións de 23 concellos. O resultado final foi que onde en realidade aparecían triunfantes cinco candidatos de esquerda e doce de dereita, cos amaños conseguiron que saisen deputados doce candidatos de esquerda dos cales, oito foran derrotados.

Isto por non lembrar que ao concluir as eleccións os da Fronte Popular invadiron o Goberno Civil, secuestraron, sí, como o len, secuestraron aos candidatos de dereita. A trifulca no Goberno Civil foi tan escandalosa que cando os "sublevados" de esquerda abandonaron o edificio, botouse en falta o selo de tinta (e mais unha pluma estilográfica) co que se selaban os documentos oficiais na secretaría do organismo. E tívose que poñer un anuncio no BOP para dar a coñecer que o selo faltaba e que se ía mudar a súa forma para evitar falsificacións.

¿Como é posible que se insulte á intelixencia da xente facendo biografías de santos cos derrotados na Guerra Civil ou que se repita de xeito machacón que eran demócratas? ¿Como é posible que a historia oficial (e subvencionada, claro) traslade unha visión tan sesgada da realidade? ¿Como é posible, por último, que se lle adiquen rúas, na Coruña por exemplo, a individuos como os irmáns García García (os da Lexía) e á vez se teña a desvergoña de retirar estatua de Millán Astray? ¿Pero pensan de verdade os da memoria histórica que a xente é parva e que estas cousas non se van saber? ¿Ou cren en realidade que se pode enganar a todo o mundo todo o tempo?

Ou se manteñen as rúas e estatuas actuais ou se retiran, pero se se retiran, non vale adicarlle outras rúas aos perdedores na Guerra Civil (Castelao, Suárez Picallo ou os da Lexía) que eran tan bos como gañadores da guerra.

Non se pode caer no maniqueismo e a simplifiación de bos-malos. Todos tiñan parte de razón, e todos tiñan parte de culpa no conflicto. Razóns e sinrazóns repártense por igual.

64 a Clariño

Polo tanto o que di Manuel Casás Fernández nas súas memorias e o histórico e o real... O que dicimos o resto son parvadas producto da nosa ignorancia. En termos comparativos, vostede semella falar de historia como Lidia Lozano de xornalismo. Simplíficao todo dun xeito maniqueo e, dende a miña perspectica, absolutamente incorrecto. O seu estilo delátao.

63 Bule bule

Si clariño si, por iso viñeronnos a salvar de toda esta xente.

Xa sabemos que o único demócrata aquí era Franco como dicía cada vez que lle preguntaban sobre o tema. Mesmo a FAES vai por ese camiño.

Como non vos comedes nada, e ninguén vos fai caso, nin en coruña sae a xente á rúa para protestar polo cambio de rúas e retirada de estatuas vergoñentas, agora estamos coa táctica de que son todos iguais e polo tanto se quitamos a Millán Astray temos que quitar a todos os demáis, por que eran tan malos ou peor que ese psicópata.

Ale...a emporcallar todo. Canto peor, mellor.

62 Clariño

Sr. un calquera, sobre as probas do que digo de Otero Pedrayo, bótelle unha ollada ás memorias do ex presidente da Real Academia Galega, D. Manuel Casás Fernández, home tan denostado polos falanxistas como polos nacionalistas, o cal faime crer que era un home equilibrado, que como abogado defendeu ao último alcalde republicano da Coruña e a piques estivo de mandalo o tribunal ao banco dos acusados. Contraste a información que atopará nestas memorias coa prensa, que agora hai moita hemeroteca dixital. Estas memorias foron publicadas polo Concello da Coruña no ano 2000 e levan por título Nuestro diario íntimo. Memorias del alcalde Manuel Casás Fernández (Al servicio de La Coruña y de Galicia). E por certo, non foi no ano 1923 como dicía na primeira anotación, senón o 4 de agosto de 1933.

En calquera caso, Otero Pedrayo non me parece o peor. Moito peor parécenme as vidas de santos que se fan sobre Castealo, Suárez Picallo ou Alexandre Bóveda, e non saia ningúen con que este último foi fusilado, que ninguén está aquí defendendo os asesinatos, sexan legais ou ilegais, senón que o que digo é que hai unha dobre vara de medir: que tan pouco democráticos eran os sublevados como Millán Astray, como os que alentaron e tomaron parte no pucherazo do plebiscito estatutario que dicían que eran demócratas, pero os feitos (non o papel que terma do que lle poñen) din todo o contrario.