De feito, Otero Pedrayo tiña fama entre os da Xeración Nós de non falar mal de ninguén -alomenos en publico- (eu non estiven alí, polo tanto, non o podo dicir a ciencia certa, pero para afirmar isto baséome e cousas que escoitei e lin de compañeiros seus). Cando alguén falaba mal doutra persoa na súa presencia, respostaba con evasivas como: miren que magnífico lusco-fusco se contempla a través desta fiestra. Por enriba, a figua de Otero acada a súa máxima dimensión dentro do mundo da literatura, sendo un interesantísimo e, por momentos, vangardista narrador. Sen esquecer, tamén, a súa función de divulgador de cultura (por exemplo sirva o seu coñecemento produndo da figura de Vallé-Inclán, verquido nalgunha magnífica conferencia alá polos sesenta). Otero Pedrayo, como di un calquera, non presumía do uso da violencia e, que saibamos, nunca a exerceu contra ninguén. Mire, Sr. Moi Clariño, posiblemente a miña ideoloxía política estea lonxe da do fidalgo de Trasalba, pero dende logo ten toda a miña admiración. De feito, Castelao tampouco, que se saiba, matou a ninguén. Millán-Astray era un animal incivilizado que, por enriba, presumía da súa primitiva condición.