A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

56 Clariño

Sr. Pardo de Cela, moitas grazas por darme a razón, porque é evidente que acude á falacia retórica e non demostra que o que digo sexa mentira, senón que insulta, e como teño para min que o insulto esconde a falta de argumentos, reitérolle o meu agradecemento por darme a razón.

Por outra banda, como non creo na historia oficial, nin creo que os autores que cita sexan de obrigada lectura na escola, nin recibo subvencións que me obriguen a facer haxiografía ou vidas de santos, historia ficción, políticamente correcta, orientada á medida do que outorgue os cartos, permítame que lle diga tamén que teño a Pío Moa por un sesgado mais, sen que esto me impida atopar nel cousas sensatas, como en calquera outro, aínda que non coñezo moi ben a súa obra, pero supoño que algunha vez dirá algunha verdade, digo eu.

Dicía Machado aquelo de "la verdad es la verdad, dígalo Agamenón o su porquero", e coa súa resposta entendo que vostede diría que "depende", vostede saberá por qué.

55 Pardo de Cela

Ó señor oscuriño: as súas opinións sobre Castelao, Bóveda e Suárez Picallo só poden ser lidas nun dos libelos dese gran intelectual chamado Pío Moa, terrorista confeso do Grapo.
infórmese, lea a Beramendi, Barreiro, Núñez Seixas, Castro, etc. e despois critique o que queira ós tres, pero non minta nin difame.

54 anónimo

Eu entendo que cada vez liaste mais e non está nada claro o que ao final queres decir. Mesturas churras con merinas

53 Clariño

Para os que discuten o que dixen, que xa non sei cantos son os que parafrasean o meu nick.

1.- ¿É certo ou non que Otero Pedrayo deu mueras a España no Centro Autonomista de Dependentes de Barcelona o 4 agosto de 1933? Pois se esto é así, para mín non merece ter unha rúa.

2.- Para o que non sabe quen son os irmáns García García (Pepín, Bébel, France e Jaurés) dicirlle que eran os máximos e mais representivos elementos dos socialistas coruñeses, e malia usar armas en período electoral en Santiago, botarse enriba da Guadia Civil cando os sorprenderon, facer exercicios paramilitares nas inmediacións da Torre de Hércules no ano 1935 vestidos con camisas roxas cousa pola cal foron detidos, conspirar contra a república e non sei se matar a un maxistrado da Audiencia no Hotel de Francia da rúa San Andrés da Coruña o 19 de xullo de 1936, maxistrado que se negou a aceptar a súa "autoridade", a das armas que conseguiran nunha armería próxima forzando as portas, matáronno pola espalda. Non teño probas de que foran eles, pero sí que asaltaron a armería e entraron no hotel con outros mais ¿É digno que uns señores desta calaña teñan unha rúa na Coruña? ¿A quen lla queren meter doblada?

3.- O que di que Castelao era un demócrata... Di vostede que Castelao é un democráta convencido, o cal paréceme un insulto á intelixencia porque nega vostede o evidente. Calquera diría que vostede usa a fe, pero eu uso a razón. Eu demóstrolle que nin Castelao nin Alexandre Bóveda eran demócratas pois alentaron o escandaloso fraude no plebiscito estatutario de 1936. E ningún demócrata participa no falseamento da voz do pobo, como é evidente. Que logo no seu Sempre en Galiza Castelao gabárase de ser demócrata non significa nada, que as verbas levaas o vento, que o carácter democrático ten en común co movimento esto de demostrarse andando. Se Castelao fora en realidade un demócrata non participaría no pucherazo, e en caso de darse conta de que o houbera, dimitiría e censuraría públicamente aquela xornada, e non iría a Madrid a entregar o proxecto de estatuto que supostamente aprobou o pobo galego. O día do plebiscito constituiu unha xornada bochornosa na historia de Galicia porque todo o mundo sabe que nela votou todo o censo electoral salvo uns dous mil que se abstiveron... na que votaron en contra do estatuto outros dous mil... e na que todos os restantes votaron en masa a favor del. O movimento demóstrase andando, non crendo nin aceptando de xeito acrítico a existencia de santos civis que de santos tiñan pouco, e mais ben o que soñaban era con ser conselleiros do goberno galego e vivir de glogló.

4.- Apoio e alento que quen estea nuna fosa común sexa desenterrado e levado a un cemiterio, pero como esto da lei da memoria histórica nalgúns aspectos paréceme a lei do embudo, na que se pon o lado ancho para uns e o estreito para outros, póñolles no outro prato da balanza o caso doutra rúa adicada no concello de Sada a un indocumentado de nome Ramón Suárez Picallo ao que se tivo a torpeza de ceder a presidencia da primeira reunión para a elaboración do estatuto de autonomía de Galicia en 1931. Este individuo, amais de non ter nacionalidade española e estar polo tanto indocumentado para participar en política na nosa terra, tivo a ousadía de dicir no teatro Rosalía de Castro da Coruña en 1931 que en Galicia tiña que preferirse o uso do inglés á do castellano. E ten unha rúa, e o Sr. Quintana, sendo vicepresidente da Xunta asistiu ao traslado das súas cinzas e enterro en Sada, como se fora un persoeiro sobre o que hai consenso de que non ten tacha, pero tenna, e non hai tal consenso.

Non trago coa lei do embudo, que me coñezo (moi ben) o bacallao: uns porque non saben que facer para ensalzar aos seus supostos mártires, que ningún cometera delitos nin fora detido ou procesado na República ¡que va!; outros porque aproveitan calquera rendixa para eliminar de Galicia a súa indudable españolidade, que empezan retirando a Estatua de Millán Astray, e acaban eliminando nomes como o da Avenida da Marina (que nada ten que ver coa Armada) ou o da praza de España. E non trago (co timo).

52 anónimo

Además, ya saben que los desfiles militares para Rajoy son un coñazo