A ver se nos deixamos de gilipolleces. Millán Astray fundou a Lexión, e iste corpo prestou impagabeis servizos na guerra de África. O que pasa é que aproveitando que o río de Monelos pasa pola Coruña téntase sacar fora de Galicia todo aquelo que ensalce ao exército e a idea de España.
Os mesmos da memoria histórica, pretendían na Coruña mudar o nome da avenida da Marina ou da mesma praza de España. Os do BNG chaman praza da Fariña á actual praza de Azcárraga, un capitán xeral do século XIX que impediu e loitou porque a Capitanía Xeral de Galicia non se suprimise, e o pobo da Coruña agradecido, adicoulle esa praza ¿A quen lla queren colar?
E eu escandalizome porque teñamos rúas adicadas a Otero Pedrayo, un individuo que no ano 1923? gritou ¡muera España! no centro autonomista de dependentes de Barcelona. Temos tamén rúas adicadas a Castelao, un señor que de demócrata non tiña nada, que alentou e promoveu o escandaloso fraude electoral producido no plebiscito estatutario de 1936. Temos na Coruña rúas adicadas aos socialistas irmáns García García, "los de la Lejía", tan demócratas que foron detidos en Santiago en febreiro de 1936 en plena campaña electoral portando armas, e que se botaron enriba da Garda Civil ao ser descubertos con elas, que anos antes foran tamén detidos nas inmediacións da Torre de Hércules porque estaban facendo exercicios paramilitares vestidos de camisas roxas, etc.
Din que que aplica a lei do embudo usa lado ancho para el mesmo e o estreito para os demais...