A alcaldesa de Lugo sae en defensa de Pilar Cancela

Cre que non ten que dimitir, como tampouco debería ter dimitido Pedro Sánchez, porque "foi o primeiro secretario xeral do PSOE elixido en Primarias".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/10/2016 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acaba de saír en defensa da presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, a quen os críticos en Galicia xa pediron que dimita. Por iso, a dirixente lucense foi contundente e sinalou que nin o ex secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, nin Pilar Cancela, deben dimitir.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo
Lara Méndez, alcaldesa de Lugo

Así, suliñou que a dimisión de Pilar Cancela "non cabe", porque "non podes dimitir dun cargo que non é electo".Ao seu xuízo, a responsabilidade que debe asumir Cancela é a de establecer o calendario para a convocatoria e celebración do congreso autonómico para designar a próxima secretaría xeral.

Malia recoñecer que se prolongaron no tempo as xestoras de Galicia e Lugo, recordou que levan "catro procesos electorais dende maio de 2015 e é prioritaria a acción de conformar goberno e ser útil á sociedade", antes que "as cuestións de partido".

Con todo, advertiu que é momento de "reforzar as estruturas orgánicas" no marco dunha "situación complexa".

Pedro Sánchez

Ademais, defendeu que Pedro Sánchez foi o primeiro secretario xeral da historia do PSOE federal que foi elixido a través de primarias. "Que un secretario xeral lexitimado pola militancia teña que dimitir por esta situación, non o comparto, é unha decisión que tomou supoño pola propia dureza do día", expuxo.

O comité federal do sábado foi cualificado pola alcaldesa de "día negro" na "historia" do PSOE, porque, ao seu xuízo, se pode "discrepar sen chegar a ese grao de crispación", que "non é bo nin positivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 non a expaña

resultados pesimos, na Galiza todos de acordó 14 para o pri$oe e 14 para podreiros as duas opción expañopaletas demodesgracicas, as duas comandadas por traidores preclaros o nacionalismo, autenticos abortos de expañolistan o LEITUGAS do pri$oe e o XUIZ VILLANO do podreiro... deben dimitir xa prometeron moito sacaron nada... fixeron gran demodesgraza, tanto engañaron, e todo para roubar, para posentar a nadegas no parlamentiño e vivir do conto 8 mil euros o mes... darse a gran vida, cebarse nos presupostos públicos... e agora de que paguen... deben dimitir ipso facto... deben largarse do carguito... idevos vampiros do expañolento chuchasangues do pobo galego