OURENSE | 09/10/2016 | Actualizada ás 09:04 por EUROPA PRESS
A localidade ourensana de Allariz acollerá este domingo a Festa Primagas, que contará con distintas actividades, degustación de polbo e filloas e unha actuación do dúo humorístico 'Os Tristes, formado por Fede Pérez e Marcos Pereiro.
A Festa Primagas está convocada para celebrar a chegada a Galicia a Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas.
Toda a recadación que se consiga nos postos de comida desta celebración irá destinada á Asociación Crebacabezas de Alrraiz, unha entidade que loita contra a exclusión social de persoas con minusvalidez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.