Galicia terá unha rede de escolas promotoras da saúde, que inculcarán hábitos saudables e reducir a obesidade

O programa 'YAM', sobre mozos e saúde mental', chegou durante o curso actual a 79 centros educativos e 4.944 alumnos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 09/06/2025 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Galicia contará cunha rede de escolas promotoras da saúde que inculcarán aos alumnos e as familias hábitos de vida saudables, coa redución da obesidade e o sobrepeso como un dos seus principais obxectivos. Así o decidiu este luns a comisión interdepartamental en materia de educación e saúde, copresidida polos conselleiros de Educación e Sanidade, Román Rodríguez e Antonio Gómez Caamaño, respectivamente.

Esta acción enmárcase dentro das medidas do plan 'Obesidade Zero en Galicia 2022-2030' e "reforzará a conexión entre a escola, o fogar e o sistema público de saúde", segundo explica a Xunta. Ademais, dentro desta comisión, informouse da actividade do programa 'YAM' ('mocidade consciente da saúde mental', nas súas siglas en inglés), no que colaboran ambas as consellerías. Así, ao longo do actual curso 2024/25, despregouse esta iniciativa en 79 centros educativos públicos, concertados e privados, nos que se realizaron 252 intervencións con 4.944 estudantes de 3º e 4º de ESO.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,e o de Educación, Román Rodríguez, na comisión interdepartamental en materia de educación e saúde
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,e o de Educación, Román Rodríguez, na comisión interdepartamental en materia de educación e saúde | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta