SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2016 | Actualizada ás 19:25 por EUROPA PRESS
Galicia participará un ano máis nos 'Open Days' de Bruxelas, que nesta edición cambian o nome polo de Semana Europea das Rexións e das Cidades.
Un dos foros nos que estará presente a Comunidade galega, segundo indicou a Xunta nun comunicado, será o seminario 'Smart Specialization Strategy: from plánning to funding', onde se abordarán as Estratexias de Investigación e Innovación para unha Especialización Intelixente (RIS 3, polas súas siglas en inglés).
En concreto, dito seminario terá lugar o 12 de outubro na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas. Durante este seminario, representantes de rexións polacas, suecas, gregas, italianas e croatas, ademais de Galicia e o norte de Portugal, presentarán o estado de situacións das súas respectivas RIS 3, para despois afondar nunha das áreas de especialización explicando de qué forma os fondos estruturais e de inversión europeos (Feder, FSE, Feader e Femp) están a apoiala.
Un representante da Axencia Galega de Innovación (Gain) intervirá en nome de Galicia para explicar como se está a empregar a compra pública innovadora na aplicación da RIS 3 de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.