A tempada de caza arranca o domingo para 45.000 galegos e poderán abaterse de novo cabras montesas no Xurés

A tempada de caza xeral 2016-2017 arranca este domingo para máis de 45.000 galegos que dispoñen de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores con 2,6 millóns de hectáreas de terreos ordenados cinegéticamente.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2016 | Actualizada ás 08:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A tempada de caza xeral 2016-2017 arranca este domingo para máis de 45.000 galegos que dispoñen de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores con 2,6 millóns de hectáreas de terreos ordenados cinegéticamente.

Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, este período de caza en Galicia que comeza o 16 de outubro prolongarase ata o 6 de xaneiro de 2017. Son días hábiles con carácter xeral os xoves, os domingos e festivos de carácter estatal e autonómico. A repartición de tecores por provincias é o seguinte: Lugo (149), A Coruña (124), Ourense (108) e Pontevedra (73).

Nesta nova tempada a Xunta volve permitir abater a un total de 13 exemplares de cabra montesas en O Xurés, tras retomar dende 2014 a caza desta especie ao constatar "unha estable, crecente e constante evolución desta especie". O período de caza amplíase ata o 15 de marzo de 2017 neste caso.

En total, poderanse cazar 10 machos de cabra montés --7 exemplares de trofeo e tres selectivos--, así como tres femias. Esta decisión provocou as críticas de asociacións animalistas nos últimos anos ao ser considerada como "vulnerable" na lista vermella de especies ameazadas que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

NOVIDADES NA TEMPADA

Entre as principais novidades que se recollen para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinegético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea se autoriza o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, dende o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Nos terreos de réxime cinegético especial establécese, así mesmo, un período mínimo de dous meses consecutivos durante o que non se pode adestrar cans nin aves de cetraría (escollidos nun único período entre abril e xullo, proposto polo titular do terreo cinegético, entendéndose no seu defecto que se corresponde cos meses de maio e xuño).

En canto á caza do raposo, nos tecor e explotacións cinexéticas comerciais, posibilítase realizar batidas de xestión en toda a súa superficie os sábados do período hábil de caza menor, cando se planificase e executasen actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo.

Mediante a modalidade de cetraría, permítese a caza da gaivota chorona común ('Larus ridibundus''), coroa clara ('Larus argentatus''), estorniño pinto ('Sturnus vulgaris''), pega rabilonga ('Pica pica') e corvo (''Corvus coroe''), tanto en terreos de réxime cinegético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta