SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 08:23 por EUROPA PRESS
Sindicatos concentraranse este venres ante o Parlamento de Galicia, coincidindo coa sesión de constitución da Cámara, para protestar contra o expediente de regulación de emprego (ERE) previsto no Grupo Popular, no que se integra o Banco Pastor.
Os representantes dos traballadores intentarán entregar aos voceiros dos grupos parlamentarios información sobre "as graves repercusións" que o ERE terá na comunidade galega, segundo informa a CIG nun comunicado de prensa.
Ao respecto, advirte das consecuencias tanto no plano laboral -a previsión da entidade pasa por despedir 435 traballadores galegos- como no de servizos á clientela -co peche inminente de 42 oficinas, 30 de Pastor e 12 de Popular-.
Na última reunión coas centrais, Banco Popular formulou prexubilacions dende os 55 aos 57 anos co 65% do salario neto anual pensionable do convenio colectivo. Esta medida está acoutada a 80 empregados e aplicando como criterio preferente o da idade do solicitante.
En Galicia, as organizacións viron "inadmisible" e "un insulto" a nova proposta, polo que manteñen as súas mobilizacións previstas en distintas localidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.