Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/10/2016 | Actualizada ás 16:00
A Ribeira Sacra é parte da atmosfera e do argumento da novela gañadora do Premio Planeta 2016, Todo esto te daré, de Dolores Redondo.
A trama da novela sitúase nesta zona de Galicia, onde por mor dun suposto accidente de tráfico, un escritor descobre a dobre vida que leva Álvaro Muñíz de Dávila. Xunto cun garda civil retirado e un cura amigo do falecido, irán saíndo á luz os máis escuros segredos dunha familia con longa tradición fidalga. Na Novela hai trama de corte policíaco, misterios escabrosos, tensión e suspense.
Como xa pasou coa Barcelona de Carlos Ruiz Zafón, é tradicional que os destinos que inspiran as novelas dos Premios Planeta se convertan nalgúns dos máis desexados entre os españois, ávidos por pasear na realidade polos escenarios que as páxinas suxiren. Así os expertos viaxeiros de PANGEA The Travel Store -a tenda de viaxes máis grande do mundo- deseñaron un percorrido único para descubrir os recunchos que inspiraron as novelas gañadoras desta edición.
Dolores Redondo, nacida en San Sebastián alá polo ano 1969, saltou á fama literaria grazas a El guardián invisible, primeiro título da Triloxía do Baztán que se completou con Legado de los huesos e Ofrenda en la tormenta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.