A asemblea de traballadores de Isolux-Corsán en Galicia vota que 'si' ao preacordo do ERE

A asemblea de traballadores de Isolux-Corsán votou maioritariamente que 'si' ao preacordo do expediente de regulación de emprego (ERE) en Galicia, con 22 papeletas a favor e 11 en contra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2016 | Actualizada ás 15:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A asemblea de traballadores de Isolux-Corsán votou maioritariamente que 'si' ao preacordo do expediente de regulación de emprego (ERE) en Galicia, con 22 papeletas a favor e 11 en contra.

O preacordo alcanzado este mércores en Madrid supón 23 saídas no grupo na comunidade galega, correspondentes ao ámbito da construtora -inicialmente eran 32 despedimentos, pero reducíronse en nove-.

Ademais, uns 75 traballadores do apartado naval e de Coirós (A Coruña) estarán condicionados neste ERE a que se pechen contratos para a realización de novas obras. De non ser así, tamén se verían abocados a irse.

Así as cousas, a materialización do ERE está pendente dunha última etapa, a nova reunión que se celebrará en Madrid o próximo mércores, onde se decidirá se, baseándose no que decidan as distintas asembleas no conxunto do estado, os traballadores o subscriben ou non.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta