O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa

Farao en calidade de Observador Consultivo. A decisión foi tomada este 1 de novembro durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2016 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá do 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador Consultivo. Culmina así un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”, en palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O CCG é a primeira institución galega en formar parte da CPLP

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega | Fonte: CdC

O estatus de Observador Consultivo supón que Galicia poderá estar presente nas xuntanzas temáticas da CPLP, trocar información dentro desa rede de Estados e entidades internacionais e servir de ligazón permanente entre a CPLP e a cultura e lingua galegas. O beneficio para o país, segundo Villares, é “facer visible que Galicia é a fonte da que nace a lingua portuguesa e é un xeito de ser recoñecidos polo mundo lusófono”

O Consello da Cultura Galega foi a primeira institución galega en solicitar a inclusión na CPLP, xa en 2010. A iniciativa foi potenciada coa aprobación por unanimidade no Parlamento Galego, en 2014, da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, en cuxo artigo número 3 sinálase que “se fomentará a participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo”. 

A Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa é un “foro multilateral orientado á cooperación entre os seus membros”, e foi creado en 1996. Nel participan todos os Estados que teñen a lingua portuguesa como oficial e moitas outras entidades vinculadas ao ámbito da lusofonía e intereses estratéxicos, económicos, sociais ou culturais compartidos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

7 Isolataestribor

Haberá que ver que é o que queren, se destruir as saídas culturais de Galiza na lusofonía ou darlles pulo. De momento hai que pensar que esta xente NON representa a toda Galiza. Moitos sabemos que esta xente do CCG leva moitos anos de atraso respeito ao mundo da cultura galega.

6 Alex Vieira

Sejam bem-vindos a este espaço que de facto vos pertence desde a sua fundação, porque na verdade a Lusofonia não faria sentido sem a Galeguia. Um forte abraço.

1 nostrus

Tu y Hermerico debeis estar confinados en algun lugar donde nunca entra el sol; lo deduzco por vuestros comentarios.

2 Burrainas

ti sí que estás completamente illado da realidade, burricán jajajaj

5 Hermerico

Numha carrinha de terroristas levavam um cachecoil com e legenda "esto es España y al que no le guste que se marche". Esta é a actitude das forças de ocupaçom no nosso País. Há que expulsá-los como seja, junto com o seu braço político e mediático.

4 Xan do Monte

Interesante para os que se van a dar agora uns cuantos viaxes en business class á conta do diñeiro público.

3 Paulo Roberto Vianna

Nós somos galegos non porque naceramos en Galiza, senón porque Galiza nace em nós! É un orgullo para os brasileiros que Galiza ingresa na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa. Galiza nom é Espanha!

1 Juan García

Si de mi dependiera te quitaba el DNI y el pasaporte español ahora mismo. Ganaríamos mucho sin tí en esta bendita tierra. Siento mucho no poder hacerlo, porque por desgracia para todos, si eres gallego también eres español, te guste o no.

2 nostrus

Debe ser muy triste estar atrapado en una nacionalidad que no sientes, pero el problema lo tienes tu, porque yo me siento muy cómodo siendo gallego, es mi modo de demostrar que soy español.

3 nostrus

Debe ser muy triste estar atrapado en una nacionalidad que no sientes, pero es un problema que tienes tu mientras los demas disfrutando siendo españoles.

4 Españolistas dades noxo

Vivan os españois que celebran que outros estean fodidos sendo españois. Ser español é unha desgraza mellor compartida, enténdese.

5 Calabobo

Dende ameazas ata chamar ós demáis coitados: Niso se basea o ser español? A ninguén lle importa se o nostrus ou Juan se sinten moi ben sendo españois e se poñen a pontificar por elo. Os demais tamén teñen dereito a falar e expresarse. Eu pido que semellantes españois sexan sacados de Galiza e, sendo posible, de España. Non valen para nada e só rouban ó pais co conto de querelo moito con cartos ilegais pagados por todos. Non arriscan ren, como si o fan os nacionalistas galegos, e, coas forzas gubernamentais detrás como covardes que son, se permiten ameazar e censurar aos demais. Cálame a min fantoche!

6 nostrus

Cala bobo. Eu, a diferencia de ti, non pido expulsar a ningun español de España. Eso si, si alguen se sinte incómodo, si o animo a que se vaia. Non me molestaria que tamen se marcharan de España os corruptos e os pederastas. Gustariame que España fose un pais cunha gran calidade, tanto humana como técnica.

7 Calabobos

Eu, a diferencia de vos, non son tan hipócrita como para calar ante os desexos de expulsión dun, criticando os do outro. Esa túa era a resposta que agardaba; agora, se és coerente, vai e dille o mesmo ao que falou primeiro de sacar DNI e pasaporte a quen simplemente opinou. Como comprenderás, eu non quero que vos vaiades; precisamos de vos para que quede constancia do feixismo que hai en Coruña e Galiza, de dónde ven (GB) e o atraso para Galiza que sinifica teren este tipo de pensamentos . Adiante ca lingua galega!

8 nostrus

Que saibas calabobos que a lingua galega é unha realidade galega e un direito das personas que viven en Galicia, pero non supon ninguha ventaxa nin progreso, porque do contrario seriamos mais prósperos que os murcianos. A dia de hoxe o feixismo que hai en Galicia é o que aporta o feixismo novo en maior medida gracias ao nacionalismo, que si por él fora estableceria unha especie de inquisicion nacionalitica. Sorte para nos que sodes febles.

9 Calabobos

Que saibas, nostrus, que a lingua galega pode ser unha ferramenta de progreso sempre e cando se permita e se promova a súa integración nun espazo de falantes meirande. A día de hoxe, por poñer un exempro, a literatura galega ( que é do melloriño que se pode atopar) ten unha posibilidade que non ten a literatura en castelán: a difusión da cultura galega e recepción da lusófona . Quen di iso dío tamén do cinema e da cultura en xeral asociada á lingua. En Galicia isa posibilidade esixe manter e darlle pulo ao galego. Iso , que tan sinxelo parece, non entra nas vosas cacholiñas feixistas. O da INQUISICIÓN é un invento voso antes que galego; o da IMPOSICIÓN é unha MENTIRA. Quero ver UNHA proba de que vos impuxesen deixar de usar o castelán. Para rematar o FEIXISMO e fanatismo voso vése ás claras cando evitas condear a quen ameaza por deixar ver a súa opinión.

10 nostrus

Clabobos. Eu concordo que o galego axudanos un pouco na lusofonia, pero para vivir na lusofonia é moito mellor o portugues e o mais adecuado. Non te poñas da parte de fora cando te refieras a Inquisicion ou a outros actos ou acontecementos españoles, porque tes a mesma cuota de responsabilidade ca min e esconder a cabeza debaixo da ala non che vale para nada. Posiblemente para ti o galego sexa o mais importante e a tua vida non teria sentido si non tiveras o galego, pero ese sentimento non llo podes exportar aos demais, do mesmo xeito que un fervente da fe de Cristo non che pode exportar a ti a sua fe. O galego é unha lingua oficial de Galicia para que o use todo aquel que o desexe inda que a sua utilidade sexa casi nula. Os fundamentalistas do galego tedes espacio na sociedade, pero non vos da direito a obligar aos demais que comulguemos ca vosa fe.

11 Calabobos

Calquera que teña curiosidade e sexa falante cotiá do galego poderá darche resposta con só ir aos diarios en portugués, que hai por milleiros na rede, e decatarse de que pode entendelos doadamente. A día de hoxe o castelán só serve para falar con elementos coma vós ou ler a vosa "prensa". A cultura en castelán en Galiza é residual e prescindibel. Se o castelán serve para algo non o demostra, e, en cincocentos anos, xa tivo tempo. A INQUISICIÓN , a espulsión dos judeos e moriscos , a imposición do castelán, o facer de Cuba e P. Rico o mercado de escravos de América son FEITOS vosos. E por certo que a lingua non é tan importante para min coma para ti, que estás en todas as noticias da lingua galega para insultar, menosprezar a lingua galega e falar da importancia da castelá, coma se non tiveras nada máis que facer. Mais ridículo non se pode facer, ainda para un feixista.