SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2016 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS
Unha muller resultou ferida tras sairse da vía o vehículo no que viaxaba a causa da sarabia cando circulaba pola estrada que une Pol e Meira, en Lugo.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 15,30 horas cando a condutora chamou ela mesma aos servizos de emerxencia. A pesar da aparatosidade do accidente, estaba liberada e accesible, pero igualmente necesitou asistencia médica.
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse os voluntarios de Protección Civil de Pol, que indicaron que, ademais deste accidente, se produciu outro en sentido contrario das mesmas características, e a causa puido ser unha forte sarabiada que caeu no momento.
Ademais dos voluntarios, os xestores do 112 Galicia informaron aos membros do GES de A Pontenova e aos profesionais de Urxencias Médicas.
ATROPELO EN MEAÑO
Pola contra, en Meaño, o impacto entre dous turismos provocou o atropelo dun peón en Dena, Meaño.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 16,30 horas cando, tras recibir a chamada dun particular, os xestores do 112 Galicia informaron aos profesionais sanitarios, á Policía Local, aos membros do GES de Sanxenxo e aos Bombeiros de O Salnés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.