E Touriño puxo a cada quen no seu sitio

O ex presidente da Xunta reapareceu este xoves publicamente tras meses de silencio e na súa conferencia debullou a actual situación de crise económica e falou do pasado e do presente da política galega. Na súa intervención houbo recados para todos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/11/2009 | Actualizada ás 01:57

Comparte esta noticia

None

Primeiro para Alberto Núñez Feijóo a quen acusou de "non facer nada" para solucionar a parálise económica da comunidade e agardar que "sexan outros" os que fagan. "Galicia vive unha absoluta situación de parálise e o peor de todo é que este goberno non fai nada para solucionalo", suliñou. Segundo el, as recetas para sair da crise son inversión en política social, infraestruturas e realizar un maior control financieiro.

E en contraposición a esta "parálise" de Feijóo, lembrou os logros que acadou na súa etapa de presidente da Xunta. De feito, nalgún momento pensou que falaba baixo esa condición --'o goberno que presido', dixo ata en dúas ocasións--. Así, asegurou que a finais de 2008 había 900.000 empregos máis que en 2005 e que a inicios do 2007, Galicia acadou a cota mínima de paro da súa historia. Con números e con políticas foi debullando os seus catro anos en San Caetano. Por iso, recomendoulle ao novo presidente galego que se centre nas políticas sociais, na  sociedade do coñecemento e nas infraestruturas.

Novo PSdeG

Logo tivo verbas para Pachi Vázquez, o seu substituto na Secretaría Xeral do PSdeG, a quen lle lembrou que para volver á Xunta en 2013 ten que incidier nos valores da socialdemocracia, no galeguismo e sobre todo, crear un partido cohesionado, unido e vertebrado. "Non vale iso de novos contra vellos, veteranos contra novatos ou ideólogos contra militantes", veu a dicir diante do propio Vázquez, que se atopaba en primeira fila. "Para falar diso xa está o PPdeG e toda a súa maquinaria mediática", dixo sen especificar a que medios de comunicación ou medio de comunicación se refería. Unhas reflexións que causaron un rumor xeral e moitos xestos afirmativos coa cabeza, especialmente, de significativos membros da Fundación Iniciativas 21.

E, finalmente, o ex presidente galego tivo palabras para os seus ex socios de gobernos. Logo de sinalar que tanto o PSdeG coma o BNG están condenados a entenderse para ser unha alternativa ao PP, destacou que ambas as dúas formacións deben de reflexionar sobre o que fixeron durante os últimos meses do bipartito. "Eses desencontros, ese querer facer rede co entramado institucional foi o que ao final nos pasou factura", suliñou. Por io insistiu na reflexión, sobre todo, aos nacionalistas. "Eles levan perdendo apoio elección tras elección e algunha lectura terán que sacar diso", aclarou ao tempo que puntualizou que, con todo, o BNG ten unha "base sólida" de votantes de en torno o 15%. "Por iso hai que contar con eles", aclarou.

Segundo o ex presidente, estes "desencontros" e "gobernos paralelos" foron unha das principais causas da derrota do pasado 1M, pero tamén houbo outras: a crise económica e crer que a vitoria "estaba nas nosas máns". "Confiamonos e pasou o que pasou", aclarou. E aí quedou a súa opinión sobre as causas da derrota. Non houbo palabras para as denuncias que no seu día fixo o PP e apareceron en grandes titulares sobre despilfarro na xunta, custe de audis ou reforma de despachos. "A iso se refire cando fala de confianza de máis", apuntou un espabilado espectador.

Apoios

A sala onde se celebrou a conferencia estaba case chea e nela había caras moi coñecidas do partido socialista. Alí estaban todos os ex conselleiros socialistas arroupando ao seu ex presidente, agás Fernández Antonio, que reside en Madrid, e Ricardo Varela. Por parte da dirección socialista; Pachi Vázquez, Mar Barcón e Fernández Leiceaga. E tamén fieis colaboradores de Touriño como o ex voceiro parlamentario Ismael Rego ou membros de Iniciativas 21 como Rivera Otero ou Fabiola Sotelo.

Á saída do acto, moitas felicitacións e mesmo algún comentario de "presidente, presidente". En pequenos grupos comentábase a "brillante" intervención de Touriño e os "recados" que lle enviou á nova dirección socialista. "A ver se toman nota e comezan a contar xa con el dunha vez", apuntaba un histórico dirixente hoxe apartado das tomas de decisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

16 EL TORITO BRAVO

Os collóns que lle bota agora para decilas cousas, faltáronlle nos catro anos de goberno, este home non vale para a política, non ve máis alá do que lle poñen diante e rodease conscientemente dunha camarilla cortesá e sin nivel que lle crea unha realidade paralela de cor de rosa. Por favor xente do PSdG non o deixedes volver, non queremos que este MIÑAXOIA non volva facer caer nas más dos pperos. Buscade xa alguén con posibilidades porque con Patxi... manda carallo.

15 anonimus

En vez dun lema,parecia o titulo dun cd de chimo bayo.
"Dalle maís forza" "toma máis forza" "sacatun que pen que tun"
coitado torito bravo

14 anónimo

bueno, inversamente proporcional ás que levan en MAdrid Rajuá e compañía, cariño

13 anonimus

Ainda recordo o lema da fallida campaña do 1M."Dalle maís forza" dician jaja,si ho! a forza foi a patada no cú que lles demos a toda esta xente

12 R.L.D.

Eu son militante de base do PSdeG e estiven na conferencia de Touriño. Por certo, foi unha conferencia ecelente na que non faltou para nada a autocrítica. Touriño está en plena forma, aínda que non creo que teña desexo ningún de volveráo primeiro plano. É unha lástima porque é o único político galego cun proxecto de país claro e viable.