Abel Caballero enganou á cidade de Vigo, á xente que con boa vontade pensaba que votándolle a el votaba anti PP, á boa xente de esquerdas que nas pasadas municipais non encontrou a papeleta de Podemos e quixo votar contra Feijoo....á boa xente de Vigo que pensou que o PSOE era a solución menos mala da cidade
Abel Caballero quitouse a careta apoiando o golpe de estado contra Pedro Sanchez e apoiando por unha banda a abstención PARA QUE RAJOY GOBERNE e doutra banda apoiando a Susana Diaz para dirixir ao partido, unha Susana Diaz que non lle fai ascuas a gobernar con Cidadáns, co PP ou se fose preciso coa propia falanxe con tal de non peder o poder....exactamente o mesmo que faria Don Abel Caballero por non pèrder o devandito poder
Agora para estender mais o poder das politicas neoliberais que aplica o PSOE, tambien en Vigo, pretende que a súa "amada" Carmela Silva Rego encabece unha coordinadora provisional, para o que ten que eliminar á que xa foi nomeada...aos poucos entre o acolito personaxe e o seu dulcinea pretenden ocupar todas as terras do reino e ostentar un poder absoluto no PSOE desde a sombra, co obxecto de perpetuar as políticas do PP coas cales conseguen indubidables reditos non só de poder, senón tamén económicos
Abel Caballero manifestou en múltiples ocasións que detesta a Marea, e a Podemos, vetou aos representantes mais activos de Podemos na cidade, ao grupo Xuntos Podemos, expulsoulles do consistorio, atacoulles en prensa, vetoulles nos medios de comunicación....e a pesar diso a boa xente de Podemos en Vigo pensando que Caballero loitaría contra Feijoo vótoulle, e deben de saber todos eses votantes de Podemos que Caballero traizóolles....apoiou a Rajoy, apoiou ao PP, e moi posiblemente apoia na sombra calquera política neoliberal que lle favoreza a el, ou aos seus súbditos
Abel Caballero é a nova fichaxe do PP, o que se fai pasar por esquerda para perpetuar á dereita, o mal menor de Feijoo, do PP, de Rajoy....Abel Caballero buscase por todos os medios que ningun partido de esquerdas real goberne a cidade, e iso é algo que deben de coñecer todos os votantes de esquerdas enganados, diso hai que pedirlle contas a Don Abel Caballero, ao que doutra banda habra que agradecerlle darnos as probas suficientes de que o PSOE de hoxe en dia é unha extension do PP.....e logo que nos venda fume