SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2016 | Actualizada ás 18:01 por EUROPA PRESS
Un coche calcinouse por completo na mañá deste sábado nun garaxe da cidade de Vigo, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
O suceso aconteceu a primeira hora da mañá deste sábado nun garaxe comunitario da viguesa rúa Alcalde Portanet. Malia que as lapas non se estenderon, o fume afectou a todo o garaxe e aos primeiros pisos do edifico.
Tras recibir unha chamada dun particular, o CAE 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Vigo, así como a Protección Civil e á Policía Local da cidade olívica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.