Láncara (Lugo) recorda a figura do seu "fillo" Fidel Castro nun acto fronte á casa do seu pai

A localidade lucense de Láncara rendeu homenaxe na mañá deste domingo á figura do expresidente cubano Fidel Castro, falecido esta fin de semana, nun acto celebrado fronte á casa onde naceu o seu pai, Ángel Castro, emigrado a Cuba a principios do século XX.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2016 | Actualizada ás 18:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A localidade lucense de Láncara rendeu homenaxe na mañá deste domingo á figura do expresidente cubano Fidel Castro, falecido esta fin de semana, nun acto celebrado fronte á casa onde naceu o seu pai, Ángel Castro, emigrado a Cuba a principios do século XX.

Alí concentráronse en torno a un centenar de persoas entre as que se atopaba unha prima de Fidel Castro, de 103 anos de idade e que residiu toda a súa vida no municipio lucense ata que, hai uns anos, abandonou Láncara para mudarse a unha residencia.

Á homenaxe acudiron varios cubanos residentes na provincia de Lugo, que, xunto a membros de toda a Corporación local e veciños, gardaron un minuto de silencio en memoria de Fidel Castro, "fillo" deste municipio da montaña lucense.

A Asociación Cultural Val de Láncara foi a encargada de ler un manifesto no que recordaron a figura do expresidente cubano e a visita que realizou en 1992 á casa que viu nacer o seu pai, Anxo Castro.

Ás porta da casa da familia Castro, que o Concello de Láncara está a tratar de converter en museo, depositaron un ramo de flores en honra a Fidel, xusto debaixo da placa en pedra que reza o seguinte texto: "Nesta casa en 1985 naceu Anxo Castro Argiz, galego que emigrou a Cuba, onde plantou árbores que aínda florecen".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta