Agaca e La Caixa realizarán programas para mulleres e mozos do rural e de fomento de leite en colexios

En 2015-2016 levaron iniciativas a case un millar de persoas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2016 | Actualizada ás 13:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e La Caixa realizarán programas destinados a mulleres, novos e atención a maiores no rural, así como de fomento de leite entre nenos en colexios.

Este martes en Santiago presentáronse as catro liñas de acción 'Almorzo con beizos brancos', 'Coidar, coidarte', 'Atrévete contigo mesma' e 'Incorpórate', aos que La Caixa destina 40.000 euros e que desenvolverá conxuntamente con Agaca.

No almorzo informativo participaron o presidente de Agaca, José Montes; o xerente de Agaca, Higinio Mougán; o director territorial de CaixaBank, Marc Benhamou, e a responsable de negocio agrario de CaixaBank en Galicia, Laura Lema.

Todos estes programas, salvo o de 'Incorpórate', xa se realizaron ao longo da campaña 2015-2016, con case un millar de participantes en preto dunha trintena de accións, mentres que as novas accións teñen lugar dende o pasado mes de outubro ata primavera de 2017.

Ao respecto, o presidente de Agaca, José Montes, chama a atención sobre que se ten a intención de "poder chegar a moita xente" con estas iniciativas de atención a diversos grupos de idade. Pola súa banda, Marc Benhamou subliñou como todas as oficinas de La Caixa, incluídas as do rural, ofrecen un completo servizo de atención a demandas sociais.

PROGRAMAS

'Almorzo con beizos brancos' realizará 20 accións, onde haberá charlas para explicar aos nenos de onde vén o leite e unha nutricionista falará da importancia do seu consumo. Ademais, ofrecerase un almorzo saudable con: un vaso de leite enteiro, con mel e cacao puro; unha rebanda de pan galego con aceite e unha froita de tempada.

A novidade correrá a cargo de 'Incorpórate', que persegue "chegar a moito novos" para fomentar a súa incorporación a cooperativas agrarias e gandeiras, ao tempo que se informará sobre aspectos como xestión financeira, innovación e cadea de produción.

A liña 'Atrévete contigo mesma' buscará "empoderar" á mulleres no rural -con oito charla-, dado que malia ser a metade da masa social das cooperativas, tan só forman parte do 12% dos consellos reitores e só o 3% chega á presidencia.

Ao respecto, Higinio Mougán destaca que busca ser un "revulsivo" para as mulleres, pois "aínda queda un camiño moi longo por percorrer" para que teñan postos de responsabilidade. Así, haberá sesións de 'coaching' que darán claves para mellorar a autoestima e confianza das participantes.

Pola súa parte, 'Coidar, coidarte' está orientado a coidadores de persoas maiores no rural, con oito charlas nas que haberá consellos de asistencia e para mover correctamente persoas dependentes.

Sobre este extremo, Mougán cre que existe "un tabú" entre moitas persoas que "non manifestan que poden ter un problema na casa" para atender a persoas maiores, polo que se darán claves para unha mellora de atención.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta