Temas: RAG JORGE MIRA

A RAG escolle como novos académicos a Jorge Mira e Carlos Rodríguez Brandeiro

O pleno da Real Academia Galega (RAG) aprobou o nomeamento de dous novos académicos correspondentes: o científico Jorge Mira Pérez e Carlos Xavier Rodríguez, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2016 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O pleno da Real Academia Galega (RAG) aprobou o nomeamento de dous novos académicos correspondentes: o científico Jorge Mira Pérez e Carlos Xavier Rodríguez, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires.

O científico Jorge Mira
O científico Jorge Mira | Fonte: Pazo da cultura de Pontevedra- pájaros en mi cabeza

O acordo acordouse na reunión ordinaria celebrada este venres na sede da institución, onde foron votadas favorablemente as dúas propostas recibidas.

Carlos Brandeiro (San Román de Cedeira, 1970) é na actualidade unha das principais figuras de referencia das colectividades galegas en Arxentina e Uruguai, e mesmo noutros ámbitos de América Latina.

Co seu nomeamento como académico correspondente, a RAG fortalece a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións.

Dende 2013 dirixe o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, da Fundación Galicia-América, do que previamente fora secretario técnico-educativo dende 2005.

Neste centro, ao que se incorporou como docente de Lingua Galega en 2002, se escolarizan varios centenares de nenos seguindo uns plans de estudios con fortes raices en Galicia.

Varias promocións de fillos e netos de galegos emigrantes accederon ao coñecemento e á práctica do idioma e a cultura galegas da súa man tamén a través da docencia universitaria.

E é que entre 2001 e 2013, impartiu clases no Instituto de Estudos Galegos de la Universidad de Belgrano (Bos Aires) e en 2002 traballou como profesor da Cátedra de Estudos Galegos de la Universidad de Bos Aires.

É ademais coautor dun libro para a aprendizaxe do galego e dirixe dende 2006 a revista cultural Gavieiro, editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América.

Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela. Máis alá das liñas de investigación que mantén en ámbitos exclusivos das ciencias experimentais traballa na modelización matemática de sistemas sociais aplicada ás dinámicas lingüísticas, campo no que creou un modelo que reproduce a evolución histórica do número de falantes de galego e castelán en Galicia.

En relación con estes estudios, colabora dende 2014 co Seminario de Sociolingüística da RAG traballando nun proxecto de socioloxía da lingua, demografía e evolución.

É tamén un recoñecido divulgador científico. Autor dos libros 'A ciencia no punto de mira' (2010) e 'A que altura está o ceo?' (2016), colabora dende finais dos anos noventa en varios medios de comunicación achegando a ciencia ao público xeral en lingua galega (RG, TVG, TVE-Galicia e La Voz de Galicia).

É o responsable do programa 'Conciencia' da USC, codirixe a colección de divulgación científica da editorial desta universidade, é responsable do primeiro nodo español da rede internacional 'Nerd Nite' e imparte numerosas conferencias e accións formativas.

Ademais, é membro do consello de redacción de Grial e integrante da sección de ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega.

O seu labor divulgativa mereceu, entre outros, o Premio Física en Acción da Real Sociedade Española de Física (2000), unha mención de honra do Premio Ciutat de lles arts i de lles ciencies de Valencia (2001), o Premio Nacional Ciencia en Acción do Ministerio de Educación e o EIROForum (2005), e o Premio José María Savirón (2001).

Temas: RAG JORGE MIRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta