Falece unha muller acoitelada en Santiago e un detido polo asasinato doutra moza en Vigo

A moza que o pasado venres foi apuñalada pola súa exparella en Santiago de Compostela faleceu en torno 15,00 horas da tarde deste domingo no Hospital Clínico da capital galega. O seu mozo segue desaparecido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2016 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A moza que o pasado venres foi apuñalada pola súa exparella en Santiago de Compostela faleceu en torno 15,00 horas da tarde deste domingo no Hospital Clínico da capital galega.

Unha muller colle o micro nunha protesta contra a Violencia de Xénero en Vigo
Unha muller colle o micro nunha protesta contra a Violencia de Xénero en Vigo

Galicia completa así un tráxico fin de semana no referido a violencia de xénero. Ademais, do sucedido en Santiago, este domingo un home -un compañeiro de traballo que fora parella dela brevemente- foi detido acusado do asasinato dunha moza en Vigo. O detido tentara suicidarse antes da detención e permanece vixiado nun hospital.

A muller de Santiago, con iniciais E.M. de 30 anos e nacionalidade romanesa, está no Hospital estado moi grave dende a tarde do venres, cando foi agredida pola súa exparella, a busca da cal continúa este domingo tras darse á fuga.

A moza recibiu entre cinco e seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no colo.

Pouco despois das 17,00 horas do venres recibiuse a alerta por un posible caso de violencia de xénero e numerosos efectivos médicos e das forzas de seguridade foron desprazados ata a rúa San Pedro de Mezonzo, no Ensanche compostelano.

Levantamento do cadáver de Ana María Enjamio, a muller asasinada en Vigo
Levantamento do cadáver de Ana María Enjamio, a muller asasinada en Vigo | Fonte: TVG

Del paradoiro do agresor aínda non se sabe nada, polo que os corpos de seguridade continúan buscándoo, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta