Algo máis que a inauguración de dous retratos

No Pazo de María Pita colgan cadros que retratan a case todos os alcaldes da Coruña. Dende hoxe haberá dous máis, de dous socialistas, Paco Vázquez e Javier Losada. Con todo, os cadros, os seus prezos (máis de 27.000 euros) e os correspondentes actos son diferentes, reflexo da vida política herculina das últimas décadas.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 21/12/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O de Francisco Vázquez (que valeu 18.000 euros) e o do seu sucesor, Javier Losada (9.450 euros), “cólganse mañá en actos separados posto que non quixeron facelo xuntos” explican, por hoxe mércores, fontes oficiais do municipio. Dende que deixou a alcaldía - tras gobernar A Coruña durante máis dunha década e marchar como Embaixador ao Vaticano acosado polas informacións sobre a súa casa- Francisco Vázquez ten unha relación difícil con boa parte do PSdeG. 

Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña
Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña

De feito, Vázquez case nunca aparece en actos do PSdeG herculino mentres, polo contrario, soe ser convidado a actos da contorna do PP, por exemplo foi relator nunhas xornadas das Novas Xeracións da Coruña. 

Acudirá a inauguración do cadro de Vázquez (13:30 horas en Maria Pita)  o alcalde de Vigo. Abel Caballero, ademais de compañeiro de partido e de xeración de Vázquez, comparte co coruñés as súas críticas ao nacionalismo. De anfitrión oficiará Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), “unha calamidade” segundo dixo en numerosas ocasións Caballero. 

O cadro de Francisco Vázquez tamén chama a atención porque o alcalde preferiu retratarse vestido co traxe de gala de embaixador no Vaticano e non de ‘civil’. Firme, Sir Paco Vázquez posou para o pintor Rafael Cidoncha engalanadísimo e repleto de medallas. Aos turistas foráneos que cheuen nos cruceiros recordaralle máis a un xeneral das guerras napoleónicas queao alcalde máis importante da historia democrática da Coruña, que ao fin ao cabo é o motivo polo que se pagou o cadro.

Quen si estará arroupado por gran parte da cúpula do PSdeG herculino será Javier Losada. O sucesor de Vázquez distanciouse do seu mentor tras o pacto co BNG de hai dúas lexislaturas. A obra foi pintada por Jano Muñoz e mostra a un político afable nun estilo hiperealista, pero moito máis relaxado que o de Vázquez. Ademais, de fondo figuran unha serie de palabras referidas aos valores da igualdade.

Canto lle custa ao peto dos coruñeses estes cadros? Dende o concello non dan unha cifra concreta, pero sinalan que “non foi moito”. Encargar cadros de cada alcalde é unha tradición nesa cidade e estes retratos foron contratados, respectivamente, durante o mandato de Vázquez e Losada.

“Encárganos eles mesmos, é costume do Concello colgalos na galería de alcaldes” sinalan dende o equipo de Ferreiro, en referencia a corredoira do Pazo onde penden os retratos de todos os edís salvo os de José Fuciños e Hernán Martín, edís durante a Guerra Civil. Os seus cadros foron descolgados o 18 de xullo deste ano, en cumprimento da Lei da Memoria Histórica.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 galegoexiliado

Ós fachas sempre lles preocupa moito a fachada, e por eso gustan tanto de bandeiras, uniformes, bandas, plumas, medalliñas, abalorios e cantas trapalladas poidan darlles una pinta moito mais fachendosa e prepotente. E si pode ser financiadao con cartos do estado moito mellor. E os seus súbditos babean e aplauden. Horteras hata a sepultura.

2 Bufffff

En primeiro lugar, dicirlle á q supoño pobre víctima da ESO q A Coruña existe desde 1208 e nesa galería, non de alcaldes, senón de retratos --está entre outros o de Eusebio da Guarda q nunca foi alcalde-- hai uns cantos alcaldes do século XX, case q ningún do XIX, e ningún de séculos anteriores. Por outra banda non foi Losada quen se distanciou de Paco senón ao revés. Aínda lembramos os coruñeses cando nun enterro acercouse o traidor a dar a man a Vázquez, e este, con moi bo criterio lle dixo aquelo de: no te voy a dar la mano.

1 Leike

Gustaríame que GC explicase a súa frase de que Paco Vázquez é o "alcalde máis importante da historia democrática da Coruña".