Os galegos son os que menos calorías consomen nas comidas de Nadal, segundo un estudo

A Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación estima que os galegos consomen, por persoa, unhas 300 calorías menos que a media estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2016 | Actualizada ás 22:01

Comparte esta noticia

Os galegos son os españois que menos calorías consomen nas comidas de Nadal, toda vez que a comida típica en Galicia —ameixas á mariñeira, polbo á feira, bacallau cocido con coliflor e filloas recheas— contén 814 quilocalorías e sitúase por debaixo da media.

Así o conclúe unha análise realizada pola Sociedad Española de Dietética e Ciencias da Alimentación, que apunta que o consumo medio estatal é de 1.100 quilocalorías por persoa.

Con todo, como apuntou esta organización, ás calorías achegadas pola comida hai que sumar as procedentes das bebidas —-alcohólicas e gasosas—, de modo que "oito de cada 10 galegos sofren síntomas como inchazo de estómago, ardores, náuseas e indixestión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta