A “devolución masiva” das cláusulas solo provocará máis fusións bancarias

Terremoto no sector financeiro pola decisión da Xustiza europea para que se devolvan todas as cláusulas chan das hipotecas. O Foro Económico de Galicia alerta de novas fusións ante o impacto na conta de resultados das entidades. Entre todos os bancos deben devolver uns 4.000 millóns, dos que máis de 600 lle tocan ao renqueante Banco Popular, matriz do Pastor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2016 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, advertiu que a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) que obriga os bancos a devolver todo o diñeiro cobrado aos afectados por cláusulas solo "vai forzar novos procesos de fusións".

Tribunal de Xustiza da UE
Tribunal de Xustiza da UE

A preguntas dos xornalistas tras presentar un informe en Compostela, Lago afirmou que esta resolución "non esperaba". "Era unha posibilidade pero todo apuntaba a que o límite do ano 2013 -cando se produciu a primeira sentenza favorable aos clientes- ía ser a solución final", comentou.

Ao respecto, destacou que "obviamente isto vai impactar na conta de resultados dalgunhas entidades especialmente", e, polo tanto, augurou que "vai forzar procesos de fusións novos", nas entidades máis afectadas pola medida".

"DEVOLUCIÓN MASIVA"

"Creo que era unha posibilidade pero cunha probabilidade baixa", reiterou, antes de resaltar que "o feito de que sexa unha sentenza non recurrible o que abre é un escenario no que vai haber unha devolución ampla, masiva, de fondos, das entidades aos particulares, aos consumidores".

Protesta contra o recente ERE no Banco Pastor
Protesta contra o recente ERE no Banco Pastor | Fonte: CIG

Por iso, sinalou que "os consumidores obviamente van estar felices e contentos", pero avisou de que para "moitas entidades hoxe vai ser un día que vai quedar marcado na súa historia".

CONTRA A RETROACTIVIDADE LIMITADA

O TUE ditaminou este mércores que os bancos deben devolver todo o diñeiro cobrado de máis aos clientes afectados pola existencia de cláusulas solo nos seus contratos hipotecarios, ao rexeitar que se poida aplicar unha retroactividade limitada no tempo por ser "incompleta e insuficiente".

As entidades financeiras españolas percibiron uns 4.474 millóns de euros por a aplicación de cláusulas solo nas hipotecas entre novembro de 2009, cando os bancos e caixas activaron a súa comercialización, e ata o 9 de maio de 2013, data sobre a que sentara precedente o Tribunal Supremo a partir da que devolver o cobrado por este tipo mínimo por falta de transparencia, segundo cálculos de Analistas Financeiros Internacionais (Afi).

O Banco de España, pola súa banda, estimou en algo máis de 4.000 millóns de euros o impacto nos bancos españois afectados polo fallo que obriga as entidades a devolver todo o diñeiro cobrado aos afectados.

Mentres, Banco Popular calcula que a retroactividade total das cláusulas chan dos seus contratos hipotecarios lle custará 684 millóns de euros, do que xa ten provisionados 350 millóns, segundo as estimacións da entidade facilitadas a Europa Press.

Neste escenario, a CECA advertiu de que a resolución "non é de aplicación directa" e indicou que o seu impacto nas entidades de crédito se irá coñecendo a medida que os xulgados e tribunais españois que teñan asuntos pendentes analicen como se aplica "en cada caso".

Por último, o voceiro da Asociación Española da Banca (AEB), José Luis Martínez Campuzano, sinalou que as entidades financeiras "están preparadas" para facer fronte á sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Galego

Mama mía cómo anda o patio!!!!!! Comunista cada día estar peor e tes que recurrir a máis mentiras, que oportuno o da pinza. Que vida máis triste a tua dedicada a difamar a unha organización con mentiras e medias verdades. Faite amigo de Nostrus e ide a descubrir esta fermosa terra onde vivimos.

1 Comunista

O pobo galego non esquecerá nunca que foi unha pinza Pp-BnG a que rematou coas caixas de aforro galegas.

1 PP do milleiro de anos

Home si, "comunista" da OTAN, sobre todo nas tarxetas black de Cajamadrí

3 Parada do Sil

Se cadra o BNG alixeirou débedas coa baixada das calzas, se cadra ser servo do Gayoso explica algo máis que a entrega de Massó en Cangas (Clara Millán alcaldesa e responsable de finanzas do BNG), se cadra os representantes do BNG polo Concello do Porriño e os da CIG no consello de Caixanova por iso estiveron calados quentando a cadeira... Se cadra no BNG todo é impostura, tamén o militarismo, non esquecemos como non se mollou no referendo da OTAN (daquela os do MCG aínda non estaban dentro), pois a UPG era militarista ("armar o povo") e colaboracionista co falsario PsoEspañol.