CxG preséntase ao seu congreso refundacional cun único aspirante á Secretaría Xeral

Estará liderada por Juan Carlos Piñeiro Docampo (1977), ex edil socialista e ex candidato de Compromiso por Lugo nas pasadas autonómicas. Para o Consello Político Nacional presentáronse 43 candidatos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/01/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Juan Carlos Piñeiro será o vindeiro líder de Compromiso por Galicia (CxG). Foi o único que se presentou como candidato á Secretaría Xeral ao II Congreso Nacional desta formación que se celebrará o 21 de xaneiro e que se considera xa como un congreso refundacional tras a baixa de numerosos militantes nos últimos tempos.

Juan Carlos Piñeiro Docampo, futuro secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro Docampo, futuro secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

Piñeiro é técnico en mantemento industrial e en prevención de riscos laborais e foi candidato nas pasadas eleccións autonómicas pola provincia de Lugo. Tamén foi concelleiro do PSdeG en Cervo, dende 2000 a 2003, secretario xeral de UGT na Costa Lucense desde 2005 a 2013 e candidato de CxG á alcaldía de Burela en 2015.

“Este é un proxecto necesario para o país e o futuro de Compromiso está aínda por escribir”, indicou Piñeiro Docampo que se amosouse animado ante esta nova etapa. O seu obxectivo é “asentar o crecemento territorial da nosa estrutura” ante o reto das vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que está convencido de que a formación galeguista “será a sorpresa”.

43 CANDIDATURAS

O nome de Piñeiro deuse a coñecer no Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia que se celebrou este sábado e no que tamén se deu conta das enmendas presentadas ós tres documentos de debate, o de Política, o de Estratexia e o de Estatutos.

Tamén se validaron as candidaturas presentadas ao Consello Político Nacional, composto por 30 persoas(15 mulleres e 15 homes). Presentáronse un total de 43 candidaturas. Destaca a presenza de moitas persoas novas polo que a idea de renovación e “reinicio” queda totalmente acreditada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Courel plus

Sen dubida un proxecto que vai ir camiño de consolidarse paseniño. Necesario e con capacidade de traballo, xa non é Unha sucursal de nada, xa é CxG.

3 arzuacapital

compromiso coa lingua?. sintomático que non se galeguice o nome alguén que se ten por galeguista cando menos.

2 Maria Caldas

Cando CxG condene e combata o sinistro caciquismo que significa o seu actual representante en Lalín terán o meu apoio

1 Sagunto

moita sorte a CxG, un bo proxecto de país, pero mentras nel estean dereitosos como Pérez Lema levando unha vila tan importente como A Coruña non terá o meu apoio