Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/01/2017 | Actualizada ás 14:49
Compostela Aberta, a marea que goberna na capital do país, acaba de presentar a proposta de rebautizar o aeroporto de Santiago. A confluencia pide que a infraestrutura pase a chamarse Rosalía de Castro Lavacolla Santiago de Compostela, en honor a famosa poetisa, probablemente a figura máis internacional da historia das letras galegas.
O asunto será debatido no pleno da cidade mañá xoves. É probable que conte co apoio doutras forzas políticas, ou polo menos coa súa abstención, polo que de saír adiante a pelota pasaría ao Ministerio de Fomento.
O Estado, a través de AENA, é o titular do aeroporto e quen, en última instancia, ten competencia para rebautizalo. En 2014, Fromentou aprobou o cambio de nome do aeroporto de Madrid-Barajas, que pasou a chamarse Aeropuerto Adolfo Suárez, Madrid-Barajas. Este bautismo foi iniciativa do presidente do Goberno, Mariano Rajoy. O seu custe estimouse no seu día entre 500.000 e 1 millón de euros.
En España só hai outro aeroporto con nome de persoeiro, o de Granada-Jaen, que dende 2006 chámase Federico García Lorca, en honor ao poeta andaluz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.