Imputados por cobraren dietas sen control dende 1992

Sete dos nove concelleiros do PP en Valga, incluído o alcalde, enfróntanse a un xuízo por prevaricación administrativa. Deberán declarar no xulgado o 29 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O alcalde de Valga (Pontevedra), José María Bello Maneiro (PP), seis edís do seu actual equipo de goberno e outros dous exconcelleiros populares foron citados como investigados por un delito de prevaricación administrativa para declarar ante a xuíza do xulgado de instrución número 1 de Caldas nunha causa aberta polo suposto cobramento irregular de axudas de custo dende 1992.

José María Bello Maneiro, alcalde de Valga (PP)
José María Bello Maneiro, alcalde de Valga (PP)

Na providencia con data deste xoves, á que tivo acceso Europa Press, cítase como investigados para declarar o 29 de marzo o alcalde, José María Bello Maneiro, así como aos concelleiros populares Román Castro Castromán, Ramona Otero Tanoira, Begoña Piñeiro Busto, Manuel Ferreiro Maneiro, José Ángel Souto Jamardo e Carmen Gómez Pardal.

En total, son sete dos nove concelleiros cos que conta na actualidade o PP no Concello -onde o PP ten nove edís e o PSOE, catro-.

Así mesmo, cita como investigados para declarar o 5 de abril aos exconcelleiros do PP en pasadas lexislaturas Juan Bautista Potel Calvo e Peregrina Abril Castromán. Ese mesmo día tamén se tomará declaración, neste caso en calidade de testemuñas, ao interventor e ao secretario do Concello.

CASO

Estas citacións chegan despois da denuncia presentada en verán de 2016 polo grupo municipal socialista pola celebración dunhas reunións por parte do equipo de goberno popular coñecidas como "comisións de organización", ás que só asistían edís o PP que cobraban entre 50 e 60 euros por encontro, e que se celebraban de forma semanal sen presenza de funcionarios que levantasen acta.

Así explicouno a Europa Press a voceira do PSOE en Valga, María Ferreirós, que fai unha estimación de que nos últimos 25 anos os concelleiros do PP se embolsaron "preto de medio millón de euros" en total por unhas reunións celebradas "á marxe da lei", xa que só asistían edís populares e non había proporcionalidade de forzas -como acontece en plenos e sesións informativas-.

No marco das dilixencias encargadas pola xuíza, o interventor e secretario do Concello realizaron un informe que data entre 2003 e 2016 pagamentos por valor de 215.000 euros aos concelleiros populares.

Agora, na providencia deste xoves, a xuíza encarga a interventor e secretario que informen tamén de quen foron as persoas que asistiron a estas "comisións de coordinación" entre 1992 e ata 2003, "así como das cantidades percibidas" e infórmese de quen eran o alcalde de Valga, secretario e interventor no momento da creación destas comisións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta