A Universidad de León revive o plan de explotación mineira en Corcoesto

Un traballo académico desta universidade propón un plan que segue as directrices empresariais do proxecto extractivo que foi cancelado pola Xunta co aval do Tribunal Constitucional por falta de solvencia financeira e técnica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un novo plan de explotación mineira en Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, podería dar novos folgos ás empresas que pretenden extraer ouro no que é considerado un dos maiores xacementos auríferos de Europa. Pero desta vez a proposta non vén, cando menos directamente, das propias empresas privadas interesadas na súa explotación, cuxo polémico proxecto extractivo a ceo aberto foi cancelado pola Xunta e a súa decisión, avalada polo Tribunal Constitucional; o novo plan mineiro vén da Academia, en concreto, da Escuela Superior y Técnica de Ingenieros de Minas da Universidad de León. Trátase dun traballo de 62 páxinas asinado polo enxeñeiro Kevin Gutiérrez Arias e avalado polo profesor Manuel Jose Camino Llerandi.

Panorámica de Corcoesto
Panorámica de Corcoesto | Fonte: Miguel Nuñez

O 'Proyecto de invesigación de yacimiento aurífero en Corcoesto (A Coruña)', dentro do Máster Universitario en Ingeniería Minera y de Recursos Energéticos da Universidad de León, expón unha descrición das "infraestruturas necesarias para o correcto funcionamiento da explotación" e segue boa parte das liñas estratéxicas marcadas polas empresas auríferas que tentaron explotar a mina a ceo aberto. Curiosamente, o traballo académico non recolle ningunha das contraargumentacións dos ecoloxistas para frear este proxecto nin as da Xunta para darlle carpetazo.

Gutiérrez Arias expón as tres fases do proxecto: construción, explotación e restauración por minería ao descuberto para a extración de ouro. Fases que se desenvolverían nun período de once anos que inclúe a construción (18 meses), a extracción (8 anos) e a restauración final (2 anos). E, seguendo o mesmo plan empresarial que xa fora proposto, contempla a posibilidade de acometer unha segunda fase, na que "se explotaría, mediante minería subterránea, as partes máis profundas do xacemento, as cales presentan un mineral de lei máis alta". Esta posibilidade estendería o período de vida da mina de Corcoesto ata os 20 anos ou mesmo máis", exponse no proxecto.

O proxecto de Kevin Gutiérrez Arias estima que con outro plan de investigación, con outros 30.000 metros perforados, se conseguiría "a suficiente e precisa información para coñecer perfectamente os recursos minerais do xacemento", labor que se realizaria en 160 sondeos, cunha profundidade media de 187,50 metros por sondeo. Estes sondeos serían supervisados polo "mesmo topógrafo" que fixo estes traballos previos e que traballa como "contratista independente", apunta o autor.

A recuperación do mineral realizaríase, ademais, na planta de tratamento, anexa á explotación. "Nesta primeira fase espérase obter máis dun millón de onzas", calcula Gutiérrez Arias, quen explica que a explotación se levaría a cabo "mediante o sistema de minería de transferencia, o que permitirá realizar traballos de restauración desde o inicio, xa que contempla encher progresivamente os ocos mineiros, reducir os vertedoiros e acometer a revegetación parcial do terreo".

Pintanda crítica coa Mina en Corcoesto
Pintanda crítica coa Mina en Corcoesto | Fonte: Miguel Nuñez

EMPREGO E SEGURIDADE

A redacción deste proxecto apela principalmente, como fixeron as empresas que fracasaron, á creación de emprego na zona e ao impacto socioeconómico como principais argumentacións para poñer en marcha a mina.

É na primeira fase, construción, "cando se cree máis emprego", cunhas 500 persoas traballando na construción e montaxe das instalacións, así como nos traballos de preparación previos ao comezo da explotación mineira. Logo, "na fase de explotación haberá 271 empregados directos" con "contratos indefinidos a xornada completa". Curiosamente, os datos que estima Gutiérrez Arias non difiren do plan que tiñan a empresa canadiana Edgewater e a súa filial Mineira de Corcoesto. Neste plan contémplase tamén formación laboral específica para o acceso de traballadores da zona, que representarían "ata o 80% do total do persoal, materializando o compromiso da empresa coa comarca de Bergantiños", argúe Gutiérrez Arias.

O proxecto saído da Universidad de León recupera ademais outros datos socioeconómicos xa utilizados previamente para tentar gañar o favor dos cidadáns. En concreto, recorre a un estudo da Universidade de Santiago que estimaba que "o investimento que se realizará en Corcoesto no primeiro ano supón un incremento da demanda final de 66,8 millóns de euros, para cubrir a cal é necesaria unha produción adicional de bens e servizos por importe de 187,3 millóns de euros". Traducido en empregos, Gutiérrez Arias avala tamén as cifras xa dadas para xustificar o proxecto: "o emprego directo durante ese primeiro ano, ascende a 480 ocupados, mentres que os empregos indirectos na economía galega serían 474 e, finalmente, 664 empregos inducidos. En total, segundo refire o citado estudo, o impacto do investimento sobre o emprego xerado ou mantido no territorio galego sería de 1.628 empleos (suma de emprego directo, indirecto e inducido)".

Outro dos aspectos clave e máis sensibles nos que incide o proxecto é nas medidas a adoptar en materia de saúde e seguridade. Gutiérrez Arias expón que o "compromiso" de conseguir o "obxectivo cero accidentes" sería "incluído nas liñas estratéxicas da empresa", e para cuxa consecución establece "dúas premisas fundamentais": "A integración das políticas de Prevención de Riscos Laborais tanto na xestión da empresa como no seu proceso produtivo, implicando a todos os niveis da organización, desde a dirección xeral ata o último dos traballadores. A adecuada formación dos traballadores, específica para cada posto de traballo, que posibilite o seu desempeño con seguridade, reducindo o risco de accidentes e a exposición a un ambiente laboral prexudicial para a saúde dos traballadores", exponse.

Nas conclusións do seu plan mineiro para Corcoesto, o enxeñeiro aduce, en consonancia coas directrices e premisas dos proxectos das grandes empresas mineiras que o tentaron levar a cabo, que "un proxecto desta envergadura representa unha gran oportunidade para fortalecer e diversificar o tecido industrial local, tanto pola incorporación de empresas á cadea de subministración da mina como polo desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na zona".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 leonesesperros

Porque non caban na sua mer da de tierra que e León tierra de mor tos de de fa me e de pu tas e cans que se preocupen das zo tras das su as nais

1 O Lobo

Gracias a analfabetos cómo tú estamos como estamos... Vienen cuatro iluminados contando que si se abre una mina os saldrán hijos con cuatro cabezas, el agua se volverá venenosa y un sinfín de patrañas... Pero bueno mientras os duren las subvenciones (subvenciones en general; tú por tu retraso mental seguro que percibes más de una) no habrá problema!El día que se acaben veremos quiénes son los muertos de hambre... P.D: Aprende a escribir. Grazas😘