Temas: LUMES INCENDIOS

O 30% dos lumes de Estado en 2016 tiveron lugar en Galicia

En Galicia se queimaron máis de 20.000 hectáreas das 65.000 que arderon en toda España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/01/2017 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Galicia foi a comunidade autónoma máis afectada polos lumes forestais o pasado ano. Das máis de 65.000 hectáreas queimadas en todo o Estado, Galicia concentrou un tercio e case o 75% dos lumes que tiveron lugar no Noroeste da península.

Mapa coas principais causas dos lumes en Galicia
Mapa coas principais causas dos lumes en Galicia | Fonte: EGIF MAPAMA-HugoGarrido-Civio

Segundo datos da propia xunta, a comezos de decembro de 2016 as lapas arrasaran máis de 20.000 hectáreas, delas máis de 9.000 de monte arborado. Son os datos dun informe presentado o pasado 3 de novembro no Consello da Xunta que non tiña en conta os lumes producidos nos dous últimos meses do ano e que foron máis dos habituais debido a intensa seca que padece o país.

Uns incendios que sitúan a Galicia no primeiro posto, e con diferencia, do ranquing estatalO de lumes. E é que en todo o estado foron 65.146 hectáreas de superficie as queimadas o pasado ano. E o 44% dos incendios producironse no Noroeste -Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e as provincias de León e Zamora-. Precisamente, foi esta autonomía a máis prexudicada xa quee concentra máis do 75% de todos os lumes que tiveron lugar nesa zona xeográfica.

O 33,67 por cento dos incendios do Estado tiveron lugar nas comunidades interiores; o 21,32 por cento no Mediterráneo e o 0,98 por cento en Canarias. En total, o lume afectou ao 0,237 por cento da superficie do Estado.

Superficie arbolada

Pola súa banda, o 46,54 por cento da superficie arbolada queimouse no Noroeste; o 20,74 por cento no Mediterráneo e o 17,1 por cento nas comunidades interiores. En canto á superficie forestal, ademais do 6,51 por cento de Canarias, máis da metade, o 50,14 ardeu no noroeste; o 23,68% nas comunidades interiores e o 19,56 por cento no Mediterráneo.

Efectivos de loita contra os lumes da Xunta
Efectivos de loita contra os lumes da Xunta | Fonte: Óscar Vázquez-Atrifroga

Así, en España o balance definitivo de 2016 bota unha menor superficie e menos incendios, pero neste exercicio aumentaron de xeito importante os grandes incendios forestais, é dicir, os que superan as 500 hectáreas, xa que pasaron dos 14 en 2015 a 22 en 2016, un 63,63%, case a metade deles en Galicia, principalmente no sur de Ourense, interior de Pontevedra e costa da Coruña. Se ben, o ano 2016 queda algo por debaixo da media dos grandes incendios do decenio, que se sitúa en 22 sinistros de máis de 500 hectáreas afectadas.

En total durante o ano pasado producíronse 8.810 lumes, dos que 6.472 foron conatos (73,46%), de menos de 1 hectárea queimada e 2.338 foron incendios.

Ademais, das 65.246 hectáreas queimadas ao longo de 2016, unha 45,37 por cento destas eran de superficie matogueira e monte aberto; o 35,50 por cento de superficie arbolada e o 9,86 por cento de pastos e devesas.

Non obstante, o 0,98 por cento da superficie queimada en Canarias traduciuse en que nesta comunidade ardeu o 15,01 por cento do total nacional de superficie arbolada e o 6,51 por cento da superficie forestal. Cabe recordar o grande incendio que se produciu na illa de La Palma o pasado verán, que afectou a preto do 10 por cento da superficie da illa.

Aumentan os grandes lumes

Con estes datos, Ecoloxistas en Acción considera necesario analizar as causas dos grandes incendios forestais e intervir selectivamente nos repoboacións e en monocultivos forestais, precisamente para evitar este tipo de lumes. De feito, sinala que dos 95 destes lumes de máis de 500 hectáreas que se produciron no último lustro (2012-2016), 17 producíronse no último ano.

De feito, na súa análise destes GIF dos últimos cinco anos, observa que as superficies máis afectadas se derivan dos repoboacións ou cultivos forestais o 40% ou matogueiras, o 33% e que nos espazos forestais afectados Nos espazos forestais que sofren GIF as especies dominantes son os piñeiros (58%), seguidos de distintas especies de matogueira, tales como breixos ou xestas (21%).

Pola contra, destaca que os montes menos afectados polos grandes incendios son, nun 14% dos casos os bosques naturais ben conservados, principalmente de quercíneas (aciñeiras, carballos ou sobreiras).

Por zonas, as máis afectadas polos grandes lumes son o noroeste e o centro-norte, con 33 casos nos últimos cinco anos; Levante, con 21 casos e o centro peninsular con 23 casos. Entre as áreas menos afectadas por estes GIF están os Montes de Toledo, Serra Morena e grande parte de cordilleiras cantábrica e pirenaica, en clara correspondencia coa presenza de grandes extensións de monte mediterráneo e atlántico.

Incendios máis virulentos

Pola súa banda, a voceiro da campaña de bosques de WWF, Lourdes Hernández, destacou en declaracións a Europa Press que en 2016 "se cumpriu tamén" a tendencia dos últimos dez anos, de modo que hai un 30% menos de sinistros; un 35% menos de superficie forestal afectada pero mantendo o número de grandes incendios que supuxeron case un 60% máis que en 2015.

"Mellórase en reducir o disparatado número de incendios, que aínda que é menor, sendo moi alto; pero os incendios son máis virulentos, grandes e dificilmente atacables polos servizos de extinción. Esta é unha tendencia moi perigosa", advertiu.

Por iso, considera que non se pode seguir invertendo "altísimas contías" nos dispositivos de extinción porque sempre haberá algún grande incendio que escape e alcance proporcións "enormes", senón que se debe acometer, ao seu xuízo, un cambio nas políticas de prevención.

A ese respecto, dixo que agora os investimentos de prevención se dirixen a actuacións de apoio á extinción, como devasas, pistas forestais ou puntos de auga, máis que a unha prevención activa.

Entre as "solucións" e "alternativas existentes" propón aumentar as masas boscosas máis heteroxéneas porque o problema dos grandes lumes vén de épocas nas que se interveu con plantacións de monocultivo que daban maior aproveitamento pero que agora están "practicamente abandonadas" e se converten en "combustible listo para arder".

Bosques máis variados

Ademais, propón crear masas máis abertas e volver a sistemas tradicionais de recuperación de usos como a gandaría extensiva e aproveitamentos forestais e, entre outras medidas, usar as queimas prescritas, como xa fan Andalucía ou Cataluña, para evitar que esas masas ardan no futuro de xeito máis virulento. "É unha técnica que se debe promover, entre outras, pero invertendo en coñecer onde se pode aplicar sen impactos", comentou.

Finalmente, respecto aos resultados da Lei de Montes, aprobada na pasada lexislatura, opina que aínda é pronto para valorala pero, aínda que inclúe algúns artigos cos que WWF non está de acordo, dixo que está convencida de que esta norma non contribuíu a aumentar os grandes incendios forestais.

Non obstante, lamentou que as comunidades autónomas non desenvolveron aínda distintas ferramentas de xestión comunitaria que inclúe nin tampouco aumentou a superficie forestal xestionada, porque apenas o 12 por cento conta con plans de xestión.

Lume preto das casas no extraradio de Ourense, en Boborás
Lume preto das casas no extraradio de Ourense, en Boborás | Fonte: bng Ourense
Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta