Temas: BALEAS CEMMA

Mobilización para salvar unha cría de balea varada na praia de Bares

Un equipo da CEMMA acudiu ao rescate do exemplar, de entre seis e sete metros de lonxitude e entre 2.000 e 3.000 quilos de peso, que foi reflotado, se ben "o prognóstico é malo".

Por Galicia Confidencial | | 26/01/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Veciños da parroquia de Bares, en Mañón, deron este mércores un aviso ao 112 sobre a presenza dunha balea común varada viva. Trátase dunha cría de entre seis e sete metros de lonxitude e entre 2.000 e 3.000 quilos de peso que foi reflotada trala chegada da unidade móbil da CEMMA-Norte (Coordinadora para o Estudio dos Mamiferos Mariños). Segundo os expertos, "o prognóstico é malo, dado que se trata dun cachorro moi pequeno".

Operación de rescate dunha cría de balea común varada na praia de Bares
Operación de rescate dunha cría de balea común varada na praia de Bares | Fonte: CEMMA.

Membros de Protección Civil e de Medio Ambiente puxeron en marcha un operativo de seguemento na zona para tentar seguir a evolución deste exemplar de Balaenoptera physalus.

Segundo o responsable da zona norte de Cemma, Juan Ignacio Díaz, que participou na operación de rescate, o animal logrou volver mar adentro, pero con escasas posibilidades de sobrevvir.

A aparición desta cría coincide coa época de partos de baleas, que normalmente acontecen nos meses de decembro, xabeiro e febreiro, polo que non é estraño atopar exemplares novos varados nas costas. Os expertos barallan dúas posibilidades: ou que a nai da cría morrese ou que a cría tivese algunha complicación para seguila.

Rescate dunha cría de balea común varada na praia de Bares
Rescate dunha cría de balea común varada na praia de Bares | Fonte: La Sexta.
Temas: BALEAS CEMMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta