Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2017 | Actualizada ás 10:11
O paro en Galicia baixou en 2016 en 18.500 persoas respecto ao ano anterior, un 8,32% menos, polo que a taxa de desemprego se sitúa no 16,29% e o número total de desempregados en 204.200, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Cae o ritmo de baixada do paro
No último trimestre do ano, o número de persoas desempregadas en Galicia baixou en 2.600 persoas, un 1,24% menos respecto ao trimestre anterior. O número de ocupados, ao termo do ano pasado, situouse en Galicia en 1.049.600, 17.100 máis que ao peche de 2015, un 1,65% máis.
En España baixou máis o desemprego
A nivel do Estado, o paro baixou en 541.700 persoas en 2016, o que supón un 11,3% menos que en 2015, rexistrando o seu cuarto descenso anual consecutivo e unha das maiores caídas da serie histórica. A taxa de paro no Estado é do 18,6%, a máis baixa nos últimos sete anos. Cataluña é a autonomía na que máis baixou.
Non obstante, este descenso é inferior ao experimentado o ano pasado, cando o desemprego rexistrou un retroceso histórico de 678.200 persoas. Pola súa banda, o emprego creceu en 2016 en 413.900 persoas, case un 2,3%, logrando o seu terceiro aumento anual consecutivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.