Temas: ARDE LUCUS LUGO

O Arde Lucus busca o seu cartel para o 2017

Os veciños poderán votar ata o 24 de febreiro ás 12:00 horas a través da páxina oficial do FB.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/02/2017 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua abriu a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017, para que sexan os veciños os que seleccionen a imaxe desta festa declarada de interese turístico galego.

Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016
Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016 | Fonte: JCS

Poderase votar ata o venres, 24 de febreiro, ás 12:00 horas a través da páxina oficial destes festexos na rede social Facebook, www.facebook.com/ardelucuslugo, premendo no botón de gústame que aparece na imaxe de cada un dos carteis.

Tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 27 de febreiro ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros, sendo o traballo que anuncie esta festa nesta edición.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs, pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube. 

Temas: ARDE LUCUS LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta