Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

23 anónimo

Pero bueno, a túa aprobación igual significa que é unha ***da de anuncio

22 anonimus

Cada día encantame maís o anuncio,se lles molesta aos do exbifracaso e boa sinal.

21 xiabre

en inglés queda moi bonito... do resto calarei por non ser negativa

20 scribaid

Spot Xacobeo 2010 - Portugués. "O quando é agora. A Galiza é o onde. "Estupendo, ... se podrá decir mejor o peor, lo que si es cierto es que no puede haber más tópicos. ¿Porqué no, un gallego en el descansillo de una escalera diciendo esa MARAVILLOSA frase a uno que baje y a otro que suba?. 1 dirá ¿E para onde vas?, 2 dirá ¿cando?, ¿onde? 1 responde baixando: agora, 2 responde ¿cando ohhh?, ... e así unha e outra vez baixando e subindo escaleiras...

19 chuavcast

EXPLICACIÓN DE LA MERMELADA: Galicia es donde se gastan 8 millones de euros en jeroglíficos sobre la mermelada. ¿Cuándo?. Pues este año Santo compostelano. ¿Desde donde?: desde Madrid apoyados por los políticos de aquí. ASÍ TIRAN 8 MILLONES DE EUROS. Esos 8 millones de euros que servirían nada menos que para salvar el presupuesto de las Universidades; por poner un ejemplo. Pero, entre beneficiar a miles de universitarios y beneficiar a Gracia Querejeta y Ruíz Nicoli líneas, nuestro GOBIERNO, así de inteligente, prefiere a estos últimos. ¿Para quién gobiernan?: Para MADRID. ¿Cuándo? ahora. ¿Quién? Feijóo y sus secuaces. ¿PARA QUÉ UTILIZAN EN LA XUNTA LA MERMELADA?. Pues es un misterio esta pasión desbordante con la mermelada. Vaya usted a saber¡¡¡