Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

18 MALAKA

Que me expliquen o da mermelada parakaló!

17 anonimus

Pra publicidade o do psdg nas eleccións galegas,"Dalle maís forza" dician,e sí,lles demos unha forza enorme pero no traseiro

16 ccc

E, por suposto entre Gracia Querejeta e Luís Tosar con Luar na Lubre, os artistas galegos gañan por goleada tanto aquí como fora. Pero claro hai quen quere asesinar o futuro de Galicia por puro odio e velahí os resultados. Un video ñono sen mensaxe e destinado a un público inexistente. Non lle gusta nen aos porteños q teñen bastante máis gracia. Por non estar o video non està enlazado nen no blog do xacobeo q leva días mising. Así tira o PP 8 millóns de euros e llos quita ás Universidades para asegurarse de q os nosos estudantes teñan cada vez máis problemas e menos formación. Feijóo non deixa títere con cabeza.

15 ccc

E para saber se a campaña gustou non hai máis q comparar os miles de visitas dia en youtube da campaña do bipartito de " Galicia é única" coa voz de Tosar e a música de Luar na lubre con esta campaña de Gracia Querejeta q leva en 5 días inhas 80 visitas día. Unha aceptación mil veces menor. As cifras cantan.

14 CCCcccc

EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO XA¡¡¡¡¡. O XACOBEO SEGUE SEN WEB. Xa comezou o Ano Santo e o Xacobeo segue sen web. Gloria Sallent remarcaba que en outubro estaría lista e non hai nada. Despóis de tirar 137000 euros dándose a sí mesmos a adxudicación da web estes señores son tan descarados que cobran e non fan a web. O único que hai colgado é un cutreBLOG. Isto señores é ESCANDALOSO¡¡¡. No blog non está nin siquera a noticia de que abriu a Porta Santa.