Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

8 anónimo

A mín paréceme unha trapallada de anuncio, tanta novidade que está máis visto ese tipo de anuncios que o TBO. P.D:, para o que queira entender, fraguiña mercóu trinta audis máis que touriño, e fundíu miles de millóns no da cidade da cultura e a residencia do presi. Pero o método Goebbels a algúns aínda lle vale. Pobriños

7 anonimus

E unha nova forma de facer publicidade,como foi no seu día o pelegrín... ainda que co psdg quen sabe,posiblemente a publicidade estaria a cargo de audi ou velux ou algo así.

6 Enrique

O peor é que este Nachito moderno, que fai da su capa un saio, está encargando todo a empresas de Madrid e Barcelona. Como si os galegos, coma él, por certo, foramos tontos. Señor Feijo nin o de Pérez Varela nin este fenómeno que desprecia canto iñora. Madrileños e cataláns non, galegos, Nachete, galegos

5 Alfonso García

De Xacojeroglífico nada, é tópico tras tópico enxergado. Conseguiume despistar o da marmelada. Iso si, a ver se o entende un portujés, ou alguén do ámbito anglosaxón! O de escoller unha arxentina é porque Bos Aires é a quinta provincia? Ou xa están facendo campaña para o voto emigrante? Para ser un vídeo cheo de tópicos que só entendemos os da casa, paréceme mal que non saia polbo da ría ou unha boa empanada. Pero para empanada, a destes publicistas, si ohhhh!!!

4 Alberto

Vamos a facer un estudio exahustivo da campaña, http://omnia-res.blogspot.com/