SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2017 | Actualizada ás 16:51 por EUROPA PRESS
Un incendio rexistrouse este sábado nun galpón de Catoira e como consecuencia do lume calcinouse unha neveira, dous armarios e unha incubadora de pitos, segundo informa o 112.
Os feitos tiveron lugar na parroquia de Dimo, no lugar da Menda. O 112 recibiu a alerta do incendio por parte dun particular ás 09,40 horas.
Avisou aos bombeiros de Vilagarcía, aos efectivos do GES de Valga e aos membros de Protección Civil de Catoira, que se desprazaron ata o punto.
Tamén informou o suceso á Garda Civil. Tras sufocar o lume, os servizos de emerxencias refrescaron a zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.