R quere unha rede móbil de ultima xeración para Galicia

O operador galego agarda a licencia do Goberno central para despregar unha rede radiomóbil de nova xeración que remate co problema de acceso a Internet na Galicia rural.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/01/2010 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

O apagón analóxico, refírese, en orixe, ao cesamento das emisións analóxicas dos operadores de televisión e radio dos países da Unión Europea; un proceso que ten como data límite para todos eses estados o ano 2012 e que se vai traducir nunha maior calidade da imaxe e nun número maior de programas de televisión para a audiencia. En Galicia, o apagón quedará completado o 3 de abril deste ano. A partir deste momento haberá que dispoñer dun televisor preparado para recibir o sinal en dixital ou mercar un descodificador TDT e conectalo ao aparello para seguir vendo a televisión.

Non obstante, aos clientes de R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, o apagón analóxico non lles vai afectar e seguirán vendo as cadeas de televisión a través da súa conexión de cable, independentemente do combo que teñan contratado. R ofrécelles diversas opcións para continuar vendo as mesmas canles das que desfrutan arestora ou mesmo para mellorar e completar o seu menú televisivo en función das súas preferenzas.  

None

Apagón analóxico

Por outra banda, o usuarios de R que dispoñan dun descodificador DVB-C poderán desfrutar de preto de 40 canles en aberto e non terán que mercar ningún aparello novo para facer fronte ao chamado apagón analóxico que terá lugar este luns e que supón o nacemento da nova televisión dixital con maior calidade de imaxe, de son e máis canles. Esta compañía xa puxo en marcha unha web con información sobre os efectos que o apagón dixital terá na comunicade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Roi

Moi ben por R. Todos deberiamos pasarnos a esta compañía que, polo menos, presume de galeguidade.