A marcha de EQUO Galicia evidencia as fendas de En Marea

O partido ecoloxista sae denunciando un déficit de transparencia e horizontalidade na coalición. Marcha o día despois da elección de Villares como voceiro, elección que suscitou hoxe as críticas dos alcaldes da Coruña e Santiago.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 03/04/2017 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

EQUO Galicia anunciou este luns a súa aposta por unha “andaina propia no ecoloxismo político e no ecofeminismo” desvinculándose de En Marea. O anuncio chega despois de que o Consello das Mareas elixira a Luís Villares como voceiro onte.

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela

Sen citar a elección do ex-xuíz como líder orgánico, EQUO explica “ser unha materia pendente no escenario político actual a posta en valor da radicalidade democrática, a horizontalidade, a participación en pe de igualdade e a transparencia”. Os críticos con que Villares acapare os cargos de voceiro parlamentar e orgánico argumentan que isto vai en contra do decidido polas bases na conformación da marea. 

A escolla do ex-maxistrado tamén provocou hoxe as críticas dos alcaldes da Coruña e Santiago. Dende a Marea Atlántica Xulio Ferreiro argumenta que así ráchase o consenso e quedan fóra da dirección o punto de vista maioritario dentro das mareas.

Dende Compostela Aberta Martiño Noriega admitiu hoxe a súa preocupación pola suposta deriva de En Marea, aínda que deixou claro que as súas palabras non poden interpretarse como o punto de vista do seu partido (ANOVA) dado que el non ocupa ningún cargo orgánico, pois di estar centrado ao 100% no proxecto de Compostela Aberta.

Pode afectar a marcha de Equo Galicia a estabilidade dos gobernos municipais das mareas? Parece que non, pois no seu anuncio o partido verde mostra “Ao seu apoio e o seu orgullo polo bo traballo que están a facer as xentes de EQUO Galicia nas Mareas municipalistas nos distintos concellos do país”. Un militante de EQUO Galicia é concelleiro no goberno da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 Era visto

Os de Equo son catro e o que leva as chaves.Pero é a primeira saída da Marea e pronto virán máis. Iso contrasta coa situación radicalmente oposta do BNG, cunha líder fortalecida, proxecto único e cohesionado, e unha militancia moi ilusionada. O futuro está por vir e é sen dúbida con Ana Pontón á fronte

1 Leirachá

O das Mareas era previsível... Agora ben, non ver que o BNG xa foi é como usar lentes de sol pola noite. Por estética e para despistar inocentes podedes seguir acreditando no BNG, a realidade é a marxinalidade como futuro. Iso si, nos marxinais hai colocados que sacan tallada do negócio do BNG. Como hai xa mantidos e aproveitados nas Mareas, ían cambiar o mundo e foron abducidos polo poder e o sistema.

2 Galego

Leirachá non confundas os teus desexos coa realidade.cal é o problema do actual BNG???? Sobre todo se o comparamos coa Marea, podemos ou PSOE que o fan santos e os mellores xestores do mundo.

3 Leirachá

O grande problema, segundo ti un e único, é que o BNG forma parte do sistema. Participa e comparte os vícios (a estas alturas non precisarás explicación do corrupto partidismo no Reino Bananeiro de España). Unha cousa é convencer a clientes agradecidos, outra recuperar os que xa fomos... Para que o entendas, que Trump sexa un perigo non fai boa a Clinton. Supera a miopia, o tempo do BNG xa pasou. Asumide os feitos para avanzar ou ficade estancados na marxinalidade (con cargos, poucos, ben mantidos, que son conservadores do seu estatus e privilexios). E xestores hainos decentes no BNG, certo, como houbo impresentables (Monforte e Vigo son exemplos). A marca BNG non é garantía.

4 Xonc

Gracias por iluminarnos Leirachá. Os bos xestores do antigo BNG xa os tedes mandando na Marea: Chelo, Rico, Quintana, Aymerich, Antelo,... a nova política está no voso barco. Por certo, ERC estivo a piques da desaparición, era o partido ridículo en Catalunya fai uns 10 anos, tomábamos a chiste... mira como está hoxe. As ideas do nacionalismo seguen vixentes en Catalunya, Escocia, Euskal Herria, Quebec... sigo? En Galicia hai xente que as coñece... pregunta en Pontevedra, Allariz, Combarro... 100% UPG

5 Leirachá

Combarro, meu rei, é de Poio... Vese que o teu forte non é coñecer o país. E se Lores, Sobral ou García son os teus líderes, presentas un problema sério! Estamos a falar do BNG como un proxecto personal ou colectivo? Non hai relevo, non hai alternativas dentro do BNG, logo caudillismo! De Catalunya andas pouco informado, por se che interesa estou máis na liña da CUP que na de Podem. Peto ben, os simples de partido razonades así: se non es de Trump votas a Clinton. E por riba satisfeitos coa marxinalidade! Ou coa mantenta, quen sabe... E si, hai moito nacionalismo, en España, Franza, Rusia, USA...

6 Está que lo peta el bloque.

Amio 2012, XIII Asemblea Nacional do BnG: participan 5.000 congresistas. Palexco 2017, XVI Akelarre Nacional do que queda do BnG: acoden 1.200 palmeiros. Sen representación nin en Madrid nin en Bruxelas e con unha no Hórreo coma a que tiña nos ´80. Hai que ver cómo avanza o BnG...

7 Xonc

Bravo Leirachá! La has clavado... con decirche que nacín en San Xohán de Poio e estou emigrado en Barcelona. Saberei do que falo, non? Ou tamén vas de Mesías?

8 Ola loquito

Te tomastes la pastillita louzanista leirachá que lo petas

9 Leirachá

Xonc, nacerías (eu non outorgo cartas de identidade galega nin de partido como fas ti acusándome de ser mareado), pero xa debes ser maior para saber escribir o nome do santo titular da túa amada freguesía... E o concello onde pertences e gobernan os da túa partida! Os mésias, permite facer memoria, son os teus: seguro que nin hai moito adoraches ao vello petrucio que agora tanto odiades, seguro que ti es pelota dos alcaldes vitalícios... Logo saberás, debes saber!