Compostela, capital mundial da etnoloxía e do folclore en 2019

Os organizadores presentaron en Göttingen, Alemaña, o vídeo promocional do Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore que terá lugar na capital galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2017 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá o próximo Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore (SIEF), que terá lugar en 2019.

Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: Thinkstock.

No último congreso, en Göttingen, Alemaña, celebrado do 26 ao 30 de marzo de 2017, presentouse o vídeo promocional do encontro que terá lugar na capital galega dentro de dous anos. O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), do CSIC, será un dos organizadores do evento, xunto coa Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (Agantro) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta