Temas: EN MAREA EE.UU.

En Marea condena os ataques en Afganistán e critica a "escalada belicista"

A formación galega aposta pola diplomacia e o fomento de liberdades no ámbito internacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2017 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

En Marea condenou os ataques que Estados Unidos lanzou sobre Afganistán coa maior bomba non nuclear, á vez que mostrou a súa "preocupación" pola "escalada belicista".

Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital
Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital | Fonte: Miguel Núñez.

"Estamos convencidos de que unha estratexia unilateral e belicista é, ademais de contraria á legalidade internacional, contraria á posición maioritaria da cidadanía galega e do conxunto da sociedade do Estado", asegurou, a través dun comunicado, o portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino.

En Marea comprometeuse no seu programa electoral a "dar peso, fronte a alianzas belicistas, a dispositivos de diplomacia e fomento de liberdades do ámbito europeo e internacional".

"Imos reforzar, ante os últimos acontecementos, o noso compromiso para, mediante o traballo no Congreso e o Senado, acelerar o diálogo entre grupos e ampliar as iniciativas de cara a expresar o rexeitamento institucional a esta escalada bélica e solicitar que se denegue o uso do dominio terrestre, marítimo e aéreo do Estado como base para calquera intervención militar que non teña, de modo inicial, o aval da ONU", resolveu Gómez-Reino.

Temas: EN MAREA EE.UU.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Groucho

A Marea de Podemos co xefe da OTAN Julio Rodríguez deseñando a política militar? Non me fagades rir.