O lume arrasa 450 hectáreas en Narón

O incendio declarado na parroquia do Val quedou estabilizado este venres. O alcalde de Ferrol acusa á Xunta de "falta de previsión".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2017 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O incendio declarado na mañá do xoves na parroquia do Val no municipio coruñés de Narón quedou estabilizado este venres tras queimar unhas 450 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural. A catástrofe é tal magnitude, que o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, acusou á Xunta de "falta de previsión" e de non pór os medios necesarios para previr os lumes antes do verán.

Incendio forestal en Narón
Incendio forestal en Narón | Fonte: @Batallont15 en Twitter.

Neste lume, na mañá deste venres foi desactivada a situación 2 activada o xoves pola proximidade do lume ao núcleo do Picheiro, na parroquia de Covas, no municipio de Ferrol, polo incendio declarado ás 9,49 horas do xoves na parroquia de Val en Narón e que, segundo as estimacións provisionais, queimou unhas 450 hectáreas.

No control deste incendio levan traballado sete axentes medioambientais, 15 brigadas, 14 motobombas, dúas pas e cinco helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O incendio iniciouse á primeira hora da mañá do xoves na parroquia naronesa do Val e traspasou este municipio para chegar a Ferrol, á zona de Ponzos, en Covas, onde á primeira hora da noite do xoves, sobre as 22,30 horas, foron desaloxados por precaución os veciños de media ducia de vivendas unifamiliares do lugar de Covarradeiras, que xa puideron regresar ás súas casas.

Pola súa banda, o incendio forestal declarado na madrugada deste venres na parroquia de Cis do municipio coruñés de Oza-Cesuras permanece estabilizado, segundo sinalou Medio Rural.

Imaxe de satélite na que se apreza o fume dos incendios na zona de Narón
Imaxe de satélite na que se apreza o fume dos incendios na zona de Narón | Fonte: @15T209 en Twitter.

En Oza-Cesuras declarouse un incendio ás 2,09 horas deste venres na parroquia de Cis, que afecta a unhas 30 hectáreas de superficie. No seu control traballan tres axentes, seis brigadas, catro motobombas e un helicóptero.

Ademais, quedou controlado ás 1,55 horas deste venres outro lume na parroquia de Vizoño en Abegondo, tras comezar ás 17,49 horas do xoves e queimar unhas 46 hectáreas, delas 38 de monte arboledo e oito de raso.

Na extinción deste incendio forestal, segundo concretou Medio Rural, traballan dez axentes, oito brigadas, cinco motobombas, dúas pas e un helicóptero.

CRÍTICAS Á XUNTA

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, lanzou hoe duras críticas á Xunta pola súa xestión contra os incendios forestais. O líder de Ferrol en Común acusou ao Goberno galego de "falta de previsión".

"As circunstancias climatolóxicas eran propicias para este tipo de incendios e habería que telo previsto pola Administración competenten e non agardaar á etapa do verán", dixo Suárez.

EXTINGUIDOS

Polo seu lado, ás 00,04 horas deste venres quedou extinguido o lume rexistrado na parroquia de Deveso do municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez, que comezou ás 6,10 horas do xoves. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 30 hectáreas, das cales 20 son de monte arboledo e dez de raso.

Así mesmo, desde as 21,07 horas do xoves está extinguido outro incendio declarado ás 22,36 horas do mércores no municipio de Negreira. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 131 hectáreas, delas 101 de monte raso e o resto de arboledo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 çdxt

Son os típicos caso de combustión espontánea. Pois nada, a seguir rezando para que chova, e de paso se abarate a electricidade. Moi profesional.