SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2017 | Actualizada ás 20:14 por EUROPA PRESS
O portavoz de En Marea, Luís Villares, reprobou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vexa un "'numerito'" a petición de amparo na Cámara de Carmen Santos e interpretouno como "unha demostración máis da baixa calidade democrática que hai en Galicia".
O portavoz parlamentario de En Marea deu por demostrado, nun comunicado, "o desprezo que ten o presidente da Xunta pola actividade parlamentaria e polo carácter representativo de todos os deputados".
"Un 'numerito' é a relación da Xunta con Ferroatlántica cando o director xeral desta empresa acaba de ser detido por financiar ao PP", dixo, en alusión a la situación del empresario e conselleiro de OHL Javier López Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.