Cuiña pídelles aos galeguistas que "saian das sombras"

Rafael Cuíña é o primeiro destacado militante popular que se opón publicamente ao decreto do ensino do galego e pide aos seus compañeiros que fagan o mesmo. Non é o único cargo popular descontento coa norma; hai concelleiros e alcaldes contrarios a súa aplicación, algúns calan e outros poderían amosar o seu rexeitamento en votacións municipais.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 16/03/2010 | Actualizada ás 00:14

Comparte esta noticia

O fillo do ex conselleiro e un histórico do PP, Xosé Cuíña, insta aos compañeiros de partido que estean en desacordo co novo decreto de ensino do galego a que amosen o seu malestar e que "saian das sombras". "Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario", asegura nun artigo remitido a GC.

Así, destaca que, o decreto presentado polo Goberno da Xunta non representa o espíritu galeguista do PPdeG e aposta por facer unha reforma dos estatutos para cambiar "galeguismo" por "rexionalismo". "Debese recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima", indica.

None

Opinións contrarias no Comité de Dirección do PPdeG

A opinión de Cuiña é compartida por compañeiros do seu partido, fundamentalmente militantes de base, pero tamén hai concelleiros, alcaldes e mesmo deputados. Algúns deles manifestaron a súa opinión contraria no Comité de Dirección do PPdeG cando se abordou este debate pero prefiren non falar públicamente para non danar a imaxe do PPdeG.

Sen embargo, a pesar de que Cuiña é o único militante popular que se manifesta públicamente en contra do decreto, hai cargos populares que poderían secundalo e que votarían en contra desta norma se se presentan mocións nos concellos, tal e como xa aconteceu nalgunhas alcaldías galegas. Deste xeito, poderianse repetir os votos en contra ao decreto do alcalde popular de Vilariño de Conso ou a abstención do grupo popular de Cerceda, especialmente, no interior de Pontevedra e de Lugo.

PP de Ourense

Con todo, non todo o chamado sector da boina está dacordo en amosar públicamente o descontento pola nova norma e prefiren dar a batalla nos foros internos do partido. Este é o caso dos populares ourensanos que non queren iniciar unha nova guerra política coa dirección do PPdeG.

*****************************

CANDO CAEN AS MÁSCARAS, COMEZA O BAILE

Inspirábame o título deste artigo, unha conversa coa deputada autonómica Carme Adán, especialmente sensibilizada coa lea lingüística que estamos a sufrir nesta terra, e cuxo compromiso coa nosa cultura cualificaría de exemplar.

Resumiría todo o que sinto nestes momentos de decepción, cunha frase cuxa autoría é nin máis nin menos que do Presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín: “Os inimigos do galego apresúranse a evitar que a lingua sexa útil”. E así é...

O decreto do galego non é máis que unha “santa bárbara” chea de foguetes negacionistas, polas presións de sectores absolutamente obsesionados con reducir a presencia do galego na sociedade. Acomplexados pola pouca –segundo eles- practicidade do idioma desta terra, camiñan por un universo paralelo á súa Historia, tentando, como xinetes do apocalipse cultural galego, que se impoña progresivamente o monolingüísmo castelanista, escondido detrás de grandilocuentes verbas, prostituídas por saír dos beizos de quen veñen, como liberdade.
Repito, unha vez máis, que esta teima lingüística que algúns demostran día tras día, intentando buscar equilibrios inxustos entre o castelán e o atacado galego, non fan máis que reflectir unha triste situación de división social, á que debería dar fronte un goberno convenientemente concienciado da necesidade, e obriga moral, de gobernar para todos.

Penso, custe o que me custe, que o partido do goberno, do que son militante e votante, debe facer unha reforma nos seus estatutos, e recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas, fagan que calen publicamente, o que din sentir por esta teima. Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario. O PPdeG é un partido profundamente democrático no que se pode disentir, sen medo a reprimendas dos seus dirixentes, sabendo que opinar diferente, está dentro das regras do xogo político, porque do contrario, estarían vostedes comigo, que do que estaríamos falando sería doutra cousa...

Eu nunca tería o atrevemento de chamar a rebelión civil polo decreto, como si fai Esperanza Aguirre co tema da subida do IVE, máis si pediría por enésima vez reflexión aos nosos dirixentes, para non quedar marcados para a Historia desta terra como persoas que en troques de amala e promocionala, puxeron paos nas rodas do seu orgullo identitario.

O Goberno buscou a “cuadratura do círculo” e non contentou a ninguén, mais como di a canción do mesmo nome de Vetusta Morla, que escribo en castelán para que entendan algúns dirixentes acomplexados das nosas cidades:

“Cuadrar el círculo de esta obsesión
asumir que rendirse no es una opción
saber que no os puedo aniquilar
no es suficiente para firmar la paz”

Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

27 Rosendo de Celanova.

Xa era hora. Hai moitísima xente que votaría un partido liberal de centro dereita e galeguista tipo CIU. Galicia xa non é tan "rústica" e provinciana e só se vota a este estamento de caciques porque non hai outra cousa. Salvo unha esquerda que non entende os cruceiros galegos.O nome de Fraga pesa pero xa estamos noutro momento. Xa anunciaron o reforzo do papel das Diputacións: e "o divide e vencerás" do centralismo de toda a vida capitaneado por pijitos enchufados "de provincias".

26 Recaredo

Concuerdo contigo, querido David: cuanto daño hacen los nacionalismos, verdad! Como o de certos "nacionalistas" que andaban a pegar tiros no 36 e puñan as pistolas enriba das mesas para comezar as xuntanzas na Falange.

25 David

Yo tampoco entiendo porque se le da tanto bombo al Cuiña, que siempre cojea del mismo lado siniestro y nacionalista gallego. Tiene mucha pasta y puede que eso le ayude a conseguir amistades, pero alguien que cita constantemente a Méndez Ferrín y tiene por amiguetes a Quintana y Rivas no es de mi cuerda, y soy del PP. Al final veremos donde termina

24 David Albor

Como me dixo Rafa no seu dia,que Frijoles ou Habichuela lle vote un par e para aprobar o novo decreto sexa con votación segreda....non saen as contas fixo.

23 Misto

Algunos fachas deberíais estar un poquito más callados aunque escribáis desde la Dipu de Ponte. Hoy la prensa ya dice cosas como esta: 1.- O debate interno dos máis galeguistas está servido no seno dos populares. Só algúns dan a cara e se constitúen en punta do iceberg, pero por detrás hai moitos descontentos coa política que marca o Goberno e a cúpula do PPdeG. Algúns teñen temores fundados de que se vaia perdendo o galeguismo do partido. Opinar No hay comentarios