A CORUÑA | 05/05/2017 | Actualizada ás 18:44 por EUROPA PRESS
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugurará o próximo 11 de maio, na súa sede da Coruña, a exposición 'Mississippi History', da fotógrafa norteamericana Maude Schuyler Clay, segundo informa.
Nesta proposta expositiva, que chega por primeira vez a España, a autora fai un percorrido polos camiños do Mississippi e retrata "as historias que a rodean, preferindo o cotián ao exótico, o aparentemente mundano ao espectacular", explica a organización
A obra de Maude Schuyler Clay, que forma parte de coleccións como a do MoMA, o Museo de Belas Artes de Houston ou o Museo Nacional de Mulleres Artistas, poderase visitar no MAC ata o 15 de outubro.
Nela, recóllese unha selección de 80 fotografías. A exposición está comisariada por Alain D'Hooghe, editor, autor, historiador da fotografía, profesor e comisario de varias exposicións en Bélxica e en Francia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.