A Xunta anima a facer do galego unha ‘Lingua de namorar’ entre os mozos

Os conselleiros de Cultura e Educación e de Política Social participaron este sábado na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na Rede en galego, onde animaron a dinamizar o uso da lingua entre os mozos nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2017 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Os conselleiros de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron este sábado na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede 'Lingua de namorar', onde animaron a dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías.

A Xunta entrega os premios do certame Lingua de Namorar.
A Xunta entrega os premios do certame Lingua de Namorar. | Fonte: Europa Press

O concurso está dirixido a mozos con idades entre os 14 e 35 anos co obxectivo, segundo destacou a Xunta, "de dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías", como Internet e na mensaxería instantánea.

Ademais, avogaron por parte da Administración autonómica en "incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentos de lecer e de diversión".

Na súa intervención, o titular de Educación, destacou que o obxectivo deste concurso é animar aos mozos "a expresarse en galego en todos os ámbitos da vida e, dunha maneira especial, nas redes sociais, que tanta relevancia teñen nas relacións cotiás da mocidade".

Segundo a información facilitada pola Xunta, a quinta edición deste concurso para dinamizar o uso da lingua galega contou coa participación de case 600 mozos.

PLAN

Neste sentido, lembrou que esta foi a primeira iniciativa na que as dúas consellerías uníronse par promover o uso do galego entre os mozos, "unha liña de colaboración que ten agora o seu maior reto na elaboración do primeiro plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade, co fin de potenciala como lingua de relación entre os máis novos", subliña a Xunta.

Polo seu lado, Rey Varela fixo fincapé na importancia de celebrar concursos como 'Lingua de namorar' para fomentar o uso do galego entre os mozos en todos os ámbitos da súa vida.

"É unha ledicia saber que os máis novos empregan a nosa lingua non só na esfera académica ou laboral, senón tamén na social, persoal e familiar como así o demostra a participación da mocidade neste certame", sostivo o titular de Política Social.

MENSAXES

Na categoría de 14 a 19 anos resultou gañadora Sara Caride, de Cambados, con 'Eternidade'; e en segundo lugar quedou Inés Amado, de Cuntis, con 'Escribindo poesía'.

Na categoría de 20 a 35 anos, gañou Diego Arranz, de Ourense coa mensaxe 'Ti, produto de rocha'; seguido de Estefanía González, de Santa Comba, con 'De Rosalía a Benedetti'.

En canto á mención de honra, concedeuse á mensaxe 'En galego' de Anabel López, de Melide, pola "súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 nostrus

A Xunta o que ten que facer e promocionar aliberdade para garantir que todo mundo fale o que lle pete e deixarse de intentar modificar os falantes dunha lingua, porque para alterar o número de falantes alguen terá que empregar a lingua que non lle gusta. O problema é que o PP para facerse co amor do electorado nacista é capaz de ser hipócrita. Menos mal que a dia de hoxe os ultracatólicos son mais democratas que os ultragalegos e non piden que haxa un determinado número de fieis.

1 teutonio

So somos libres de empregar unha ou outra lingua se sabemos as dúas e se non temos nin tememos sufrir prexuízos e marcas negativas por empregar unha delas. Pra lograr iso é preciso facer política lingüística. Como xa sabemos, a certos sectores da xuventude dalles "bajón" se escoitan a un mozo falar galego, aínda que teña 4 másteres, un traballo bo e fale 12 linguas. E outros moitos mudan de lingua ao falarlle a un/unha rapaz/a por medo a sufrir eses preconceitos, por simple hábito absurdo e diglósico pra poder trunfar no mundo nocturno. Pra alterar o número de falantes soamente fai falta acabar con estas situacións e lograr que haxa un bo coñecemento dos idiomas, prestixiar a lingua minorizada e gañar espazos pra ela, a maioría da xuventude xa ten unha imaxe positiva do galego, non é que non lle guste.

2 nostrus

teutonio, no me negarás que por parte del mundo nacionático consideran al gallego como elemento imprescindible para alcanzar la galleguidad y para nada le preocupa la situacion de los hablantes, porque el gallego para ellos es su talisman, algo asi como el Real Madrid para los merengues o Cristo para los creyentes. El español solo es necesaria su comprension, porque luego puedes hablar lo que te plazca y el gallego no es de comprension obligatoria porque su realidad linguistica social no lo hace necesario. Alegar desconocimiento del español es injustificado debido tambien a su realidad loingüistica, mientras que desconocer el gallego si cabe en la posibilidad y por ello no se deben crear problemas a la gente por el unico objetivo de que los nacistas alucinen. Galicia es una comunidad bilingüe y esa es la vardadera identidad y realidad.

3 Desiderio

Nostrus e o seu mantra: "realidad linguistica social". Y cierra España! E se a realidade fose interpretable, non unha verdade absoluta? Pinchou o argumento! Pois Galiza non é máis que unha creación, un invento, dun tempo determinado, variable, e hoxe ocupando un espazo que non coincide nos séculos... Igual que España! E, claro, como bon bífido debías saber: Galiza non fala, os galegos si! E non teñas medo: o castelán é obrigatorio pola política dominante, o galego é optativo por sermos os dominados. Finalmente, os nazistas (ti mesmo, Nostrus, o primeiro) sodes uns fanáticos. As línguas serven para comunicar, non para enfrentar as persoas (na boca de provocadores fascistas, de novo ti mesmo, Nostrus).

4 teutonio

como din por eí "A donde vas? patatas traigo"

5 nostrus

Desiderio, seras ti o dominado, porque eu dende logo non o son e falo o que me peta. Os galegos non somos dominados porque a nosa voz ten o mesmo valor que o resto de españoles. Ao mellor ti estas inhabilitado e por eso te consideras dominado. Laiadesvos porque o castelan é obrigatorio e ao mesmo tempo queredes que o galego tamen o sexa.

6 Desiderio

Para igualar (=igualdade, democracia) podemos facelo por arriba (=ambas obrigatorias) ou por abaixo (=ningunha língua obrigada, ambas optativas). Estás pola igualdade ou es un supremacista? Que medo tedes a igualar? Se precisases impoñer ou dominar usando a forza da lei, non seredes vós os que temedes á verdadeira liberdade? Deixamos de impoñer e que os galegos decidan libremente? Impedir o desenvolvemento do pequeno e favorecer a expansión do grande é xusto ou semella unha mentalidade de imperialistas de tempos pasados? Que ti en particular teñas uns dereitos (fales o que che pete), non é garantía de que os demais gocemos dos mesmos (non o foi nas segregacións raciais e culturais, nos apartheids, nos fascismos), e se por riba defendes privilexios e desigualdades, non serás cómplice dos dominantes? Non serás parte do problema?

7 nostrus

Desiderio, dime para que queres que o galego sexa obrigatorio, deberias darte conta de quen é absurdo e o único que se consigue é fastidiar a xente. Imaxina un vasco que se empadrona en Galicia, ¿por que ha de ter a obriga de comprender o galego si non é necesario?, non ganariamos nada e tu... ¿estarias tamen na obriga de comprender o euskera si te vas a euskadi?. Obrigas só as necesarias, porque do resto xa non son obrigas son imposicion.

8 Desiderio

Aprende a ler, dei dúas opcións, tampouco che serve a segunda: ningunha obrigada, ambas optativas! Ou ti a imposición só a sentes canto toca a túa ideoloxía supremacista? Para garantir e perpetuar os teus dereitos precisas impoñer e asoballar os de terceiros? Aínda acreditas que coñeces a "realidad" ou que estás en posesión da verdade absoluta e universal? Por repetir as mesmas consignas non convences mellor, simplemente amosas debilidade na formación e na información, fraqueza nas razóns e moita obsesión. Se cadra precisas de axuda especializada...

9 nostrus

Desiderio, eu recoñezo a superioridade do español (como unha cen veces mais ou menos) sobre o galego, pero por eso non son supremacista, tan só que teño dous dedos de frente e sei diferenciar entre grande e pequeno e eu non teño porque autoengañarme para non ferir os teus sentimentos. Supremacista sería si discriminara aos falantes, que non é o caso. Que saibas tamen que tan inxusto é considerar distintos a dous iguales como considerar iguales a dous distintos.

10 Ana

Iguais EN DEREITOS, que iso é o que conta aquí! Do que che falan é dos dereitos e ti vaste polas ramas, coma sempre. Evidentemente distintos! Ti discriminas aos falantes, aos usuarios, pois COMO BEN SABES, o galego como idioma non sente nin chora! Os falantes discriminados, si! Logo es un supremacista, pensamento que sustenta o fascismo. E falo ao marcar categorías e xerarquizar dereitos, estabelecer superioridades en dereitos e deberes para o CASTELÁN (nome legal, ti que es tan obediente á lei española usa a denominación legal, ou tes medo a que descubramos que é unha língua foránea, de Castela, imposta polos poderes en Galiza). Pois iso Nostrus, agora trata de disimular o teu facherío falando das gaitas, de arar coas vacas e o carro, das relixións perdidas ou das querencias homosexuais...

11 nostrus

Pois claro Ana, igualdade de direitos entre falantes, non entre linguas. Non sabes canto me alegro de que por fin logres aprendelo, igual como que as linguas non sufren, chapeau. Pero fáltache aprender que castelan e español son sinónimos (en canto a denominacion da lingua). Por outra banda amosas gran emocion coa lingua galega e gran desprecio polas relixions, as orientacions sexuais e gaita, ¿non serás ti a feixista?, pois hai moita xente que se emociona mais coa relixion que co galego, ¿por que non os equiparamos?. O galego é unha lingua española..¿quen o discute si Galicia é España?, pero tamen o español é unha lingua galega, ¿acaso non se fala en Galicia?

12 Ana

Nostrus es moi limitado, até o ridículo! O árabe é unha língua española, o chinés ou o inglés tamén? Non, ningunha! Acaso non se falan nas posesións españolas do Norte de África e de forma maioritaria en barrios enteiros do Mediterráneo español? Si, pero... É igual obrigado e opcional, deber e dereito? Non, para nada! Logo non hai igualdade de dereitos para os falantes do galego e do castelán! Podes facer malabarismos, retorcerte até o infinito, inventar mil excusas... onde hai imposición do castelán non hai liberdade! E para moitos falantes galegos o castelán é obrigado, un deber imposto, non de uso voluntario. Estás orgulloso de impor? Logo es un grande fascista!

13 nostrus

Ana, dime donde el árabe es una realidad lingüistica social en España, o sea, dime un territorio español donde la inmensa mayoria lo comprenda como pasa con el gallego y español en Galicia. Si tu hiciste voto de gallego estas en tu derecho igual como si hicieras voto de pobreza y de castidad, pero los demas no tenemos porque seguirte y tenemos derecho a usar el idioma que nos de la gana. Las cosas se hacen por razon y lógica, pero la razon no esta en las condiciones del nacionalismo y solo os guiais por sensaciones, emociones, devociones y alucinaciones.

14 buril

nostrus, o rei da troleada fascista, e o pobre analfabeto que alardea de sabido e tropeza. A saber, o 50 por cento da poboacion de Ceuta e Melilla son arabes ou bereberes, a metade deles nacidos en Marrocos, sendo o 70 por cento nos escolares, que empregan o arabe como lingua entre eles. Queres mais? Pobriño, non coñeces nada da tua España! A tua realidade de fascistoide non se corresponde co mundo que che tocou vivir. Triste papel o teu.

15 Desiderio

Nostrus, unha vez máis pillado, e xa van tantas! A túa soberbia e desprezo polos "outros", descoñecemento das realidades e das pluralidades lingüísticas e culturais que conviven no Estado español, os disparates na argumentación e fume para despistar, revela que es un pobre provocador que non merece atención. Como xa se apuntou repetidamente por outros comentaristas, sospeito que es un animador do debate en GC, un noxento xeito (provocando arredor do galego) de aumentar visitas para o blog. Patético xornalciño!