Caballero: "Vai gañar Susana e vai perder o PP e Podemos"

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, reiterou este domingo, tras votar na sede local do PSOE no marco do proceso de primarias do partido, que a presidenta da Xunta de Andalucía e candidata á Secretaría Xeral, Susana Díaz, é "a mellor candidata para o PSOE e para España".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2017 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

"Votei a Susana", revelou aos medios o rexedor socialista, quen xa manifestou en numerosas ocasións o seu apoio á andaluza, para logo engadir que é a candidata que "non queren nin o Partido Popular nin Podemos".

Abel Caballero, presidente da FEMP
Abel Caballero, presidente da FEMP

"O meu voto, eu quéroo interpretar, é o voto á mellor candidata e, gañando Susana, vai gañar o PSOE e España, e van perder o Partido Popular e Podemos", remarcou o socialista, xusto antes de asegurar que, "a partir de hoxe e mañá", o PSOE estará "xa" no proceso de "funcionamento": "Para conseguir, confío que con Susana, o impulso que necesita este país e o PSOE".

Preguntado pola posibilidade de que a andaluza non gañe as primarias, nas que compite xunto co exsecretario xeral Pedro Sánchez e o exlehendakari Patxi López, Caballero asegurou que "vai gañar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Kollontai luguesa

Si, si, moita risa, pero el ten unha maioría absoluta que vós mareantes-podemitas nunca conseguiredes... Se vos dura o invento no futuro, claro. Ai, que inxenuos sodes! Se ata me da peniña ver coma se vos van ir esfarelando os soños ao ver a nova estrela do firmamento progresista brilllar. E si, o seu nome empeza por P de Pedro.

1 anonimo

Perico dos palotes

2 velaivai

Este cada vez que fala, médralle o dinoseto

1 Gamela

A ver se aprenden que Galicia non traga Abel & Carmela S.L. Pedro Sánchez 5.442 / 65,74% // Susana Díaz 2.235 / 27,00% // Patxi López 601 / 7,26% Hoxe algúns en Vigo estamos contentos (aínda que nunca tragamos co PSOE) pero darlle nos fuciños ao Faraón de Vigo (é unha ledicia!) Hoxe perdeu a Aporofobia https://flic.kr/p/ULcmVh

1 Gamela

A ver se por fin podemos DINAMITAR o pasado en Vigo https://flic.kr/p/rW5UC8